Fundación Galicia Europa
  • Galego
  • Español
  • English
  • linkedin
  • twitter
  • Inicio
  • Fundación
    • Quen somos?
    • Memorias de actividades da FGE
      • Memoria FGE 2022
        • Defensa dos intereses galegos en Europa
        • Fomento da participación galega en proxectos europeos
        • Información sobre a Unión Europea en Galicia
        • Formación e sensibilización sobre Europa en Galicia
    • Contacto
    • Transparencia
  • Actualidade
    • Novas
      • Galicia na UE
      • Actividades FGE
      • Unión Europea
      • EuroXuventude
    • Análise FGE da actualidade comunitaria
    • Boletín electrónico FGE
    • Plan de Recuperación
  • Actividades
    • Encontros virtuais
    • Programa TecEuropa
    • Bolsas
    • #EuroXuventude
    • Axenda FGE
    • Proxectos europeos FGE
    • Pacto Europeo polo Clima
  • Unión Europea
    • Consultas públicas
    • Licitacións na UE
    • A lingua galega na UE
  • Financiamento comunitario
    • Guía de financiamento comunitario
    • Programa TecEuropa
    • Programas de financiamento 21-27
    • Convocatorias de interese para Galicia
linkedin twitter
  • Galego
  • Español
  • English
  • Inicio
  • Fundación
    • Quen somos?
    • Memorias de actividades da FGE
      • Memoria FGE 2022
        • Defensa dos intereses galegos en Europa
        • Fomento da participación galega en proxectos europeos
        • Información sobre a Unión Europea en Galicia
        • Formación e sensibilización sobre Europa en Galicia
    • Contacto
    • Transparencia
  • Actualidade
    • Novas
      • Galicia na UE
      • Actividades FGE
      • Unión Europea
      • EuroXuventude
    • Análise FGE da actualidade comunitaria
    • Boletín electrónico FGE
    • Plan de Recuperación
  • Actividades
    • Encontros virtuais
    • Programa TecEuropa
    • Bolsas
    • #EuroXuventude
    • Axenda FGE
    • Proxectos europeos FGE
    • Pacto Europeo polo Clima
  • Unión Europea
    • Consultas públicas
    • Licitacións na UE
    • A lingua galega na UE
  • Financiamento comunitario
    • Guía de financiamento comunitario
    • Programa TecEuropa
    • Programas de financiamento 21-27
    • Convocatorias de interese para Galicia

Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE » Cohesión » A Xunta de Galicia presenta os programas operativos FEDER 2021-27

A Xunta de Galicia presenta os programas operativos FEDER 2021-27

05/04/2023 | FEDER

— Salienta que na fase de elaboración da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) participaron máis de 800 representantes de 500 axentes diferentes, que incluíron empresas, centros de coñecemento e tecnolóxicos e administracións

— Subliña que as prioridades do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) para o período 2021-2027 pasan por construír unha Galicia máis competitiva e intelixente, máis verde e máis conectada e social

— O investimento total dos Feder para o novo período elévase a 1.567 M€, mentres que o RIS3 implicará a posta en marcha dun esforzo sen precedentes en I+D+i que ten como meta mobilizar preto de 5.000 M€ entre fondos públicos e privados

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2023. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegura para Galicia unha posición privilexiada nun futuro marcado polo coñecemento e a innovación. O mandatario galego reafirmouno na súa intervención na presentación do Programa Operativo Feder 2021-2017 e da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) Galicia 2021-2027, nun acto en Santiago de Compostela no que participaron tamén o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos.

A Fundación Galicia Europa participou activamente na organización do evento, acadando a intervención da comisaria europea de Cohesión e Política de Reformas, Elisa Ferreira, a través dunha mensaxe gravada. Ademais, a FGE contou cun posto de promoción da Guía de Financiamento Comunitario e do programa TecEuropa de financiamento comunitario para entidades públicas e privadas.

O titular do Goberno galego asentou as súas palabras en datos esperanzadores, como o feito de que Galicia fora a rexión que máis crecera en termos de PIB per cápita en toda España, un 3,2 % de media anual entre os anos 2000 e 2021, case un punto por riba do crecemento medio anual do Estado. A Comunidade galega, ademais, foi quen de recuperar o PIB prepandemia antes que a media estatal.

Por outra banda, o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), grazas a un investimento de máis de 7.500 millóns de euros ao longo das últimas décadas, permitiu que Galicia se achegue ás rexións máis avanzadas da Unión Europea.

Alfonso Rueda subliñou que nos últimos anos “asistimos a un rexurdimento económico de Galicia” e a “un reforzo do ecosistema galego de I+D+i”. De feito, as empresas galegas deron un salto sen precedentes en I+D cun incremento do 40 % e un aumento do seu persoal investigador de ata un 92 %.

O presidente da Xunta falou dun “logro colectivo”. No que se refire ao gasto en I+D sobre o PIB, Galicia pasou de situarse no posto doce entre as Comunidades autónomas a estar agora na sétima posición, sendo a terceira que máis medrou na última década. Polo que respecta ao capital humano, contaba hai dous anos con 11.435 persoas dedicadas a I+D e un total de 7.462 investigadores.

Alfonso Rueda referiuse á nova etapa que se abre da man da RIS3, que na súa fase de elaboración contou coa participación de máis de 800 representantes de 500 axentes diferentes, que incluíron empresas, centros de coñecemento e tecnolóxicos e administracións.

Polo que respecta ao Programa Operativo Feder 2021-2027, o titular do Goberno galego subliñou que as prioridades para o período 2021-2027 pasan por construír unha Galicia máis competitiva e intelixente, máis verde e máis conectada e social.

O presidente da Xunta indicou que, con estas accións, Galicia persegue que “o futuro que vén por diante sexa o noso futuro, o que nós construímos” e remarcou que nese obxectivo van ser investidos os fondos comunitarios.

O fondo Feder permitiu que Galicia se achegue ás rexións máis avanzadas da Unión Europea

Novos investimentos

Perante o novo período que se abre tanto para os fondos Feder como para a RIS3, Galicia tentará aproveitar ao máximo os fondos comunitarios de cohesión que recibirá para o período 2021-2027.
O investimento total do programa Feder elévase nesta nova etapa a 1.567 millóns de euros (940,2 millóns de axudas da UE e 626,8 millóns de contribución a través do cofinanciamento autonómico). Deses fondos, 419,2 millóns vanse investir na construción dunha Europa máis competitiva e intelixente; 378,7 son para unha Europa máis verde; para unha Europa máis conectada se destinan 63,1 millóns e 79,2 millóns máis son para unha Europa máis social e inclusiva. Tamén se destinará un 30,2 % dos recursos aos obxectivos da loita contra o cambio climático e un 8 % aos de biodiversidade.

A RIS3, pola súa banda, implica a posta en marcha dun esforzo sen precedentes en I+D+i en Galicia. Ten como meta mobilizar entre 2022 e 2027 preto de 5.000 millóns dos que 3.000 corresponden a fondos públicos das diferentes administracións, e 2.000 millóns a mobilización privada.

Máis información: Xunta de Galicia

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data

Novas relacionadas

Os Fondos Feder e FSE+ 2021-2027 achegarán 2.300 M€ a Galicia para reforzar a súa cohesión económica, social e territorial nesta década

22/02/2023 | FEDER

Membros do padroado da FGE

  • Fundación
  • Actividades
  • Unión Europea
  • Financiamento comunitario
  • Actualidade
  • #EuroXuventude
  • Consultas públicas
  • Axenda FGE
  • Contacto
Logo Fundación Galicia Europa
  • Follow
  • Follow
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal
  • Cookies
  • Deseño web
Manage Cookie Consent
Usamos cookies para optimizar a nosa web e servizos.
Funcionais Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Preferencias
{title} {title} {title}