Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Eventos » A reunión P2P do proxecto RuralYouthFuture analiza a iniciativa “Extended Tartu 2024”

A reunión P2P do proxecto RuralYouthFuture analiza a iniciativa “Extended Tartu 2024”

30/08/2024 | ,

— A Fundación Galicia Europa, como socia do proxecto, participa no encontró xunto aos demais socios de RuralYouthFuture

— Extended Tartu 2024 é unha iniciativa desenvolvida na cidade de Tartu, Estonia. Elixida á súa vez como Capital Europea da Cultura 2024.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2024. A FGE participa xunto con outros socios do proxecto RuralYouthFuture na reunión P2P (Peer-to-Peer), que foi moderada por Angela Ader e Kersti Kôiv, ambas socias do lado estonio do proxecto e responsables da iniciativa “Extended Tartu 2024”. No encontro tamén participaron Matvei e Meelo Kriisa, mozos participantes da iniciativa que deron testemuño das actividades realizadas.

Extended Tartu 2024 é unha iniciativa desenvolvida na cidade de Tartu, Estonia. Elixida á súa vez como Capital Europea da Cultura 2024.

O proxecto conta con seis sesións formativas que se desenvolven ao longo de seis meses e achegan coñecementos específicos co obxectivo de introducir novos organizadores no panorama cultural, dirixidos a mozos de entre 14 e 19 anos de Tartu e do sur de Estonia. Durante as diferentes sesións, os mozos aprenden a organizar eventos culturais, desenvolvendo proxectos, planificando e executando eventos no marco de eventos culturais locais. Tendo como valor engadido a formación do traballo en equipo que se desenvolve en cada unha das actividades.

Nas xornadas formativas participaron 72 mozos, realizáronse 28 eventos cun total de 16.900 participantes

Durante a charla, Meelo, un mozo participante, compartiu a súa experiencia e imaxes dun evento no que colaborou na organización, “Full Color Event”, con bandas musicais. Tamén destaca que entre varios dos compañeiros cos que compartiu a experiencia xerou a motivación suficiente para plantexarse no futuro desenvolver actividades similares profesionalmente.

Formación sen ánimo de lucro

Ao remate, os interesados formularon preguntas que afondaron aínda máis no coñecemento da iniciativa e dos actos que se celebraron. Ademais de felicitar aos moderadores e mozos participantes pola presentación realizada e moitos deles manifestaron o seu interese en desenvolver a mesma formación nos seus países.

Cabe destacar que se trata dunha formación para unha actividade sen ánimo de lucro e que tivo grandes resultados na cidade na que se aplicaron inicialmente. É moi innovador orientar, titorizar, formar mozos, asociacións, para poder levar a cabo eventos culturais sen lucro, é dicir, a titoría non ten como obxectivo a creación de emprego senón o desenvolvemento e execución de eventos culturais.

Nas xornadas formativas participaron 72 mozos, realizáronse 28 eventos cun total de 16.900 participantes.

RuralYouthFuture

RuralYouthFuture é unha iniciativa europea dedicada a mellorar a eficacia das políticas de emprego xuvenil para o desenvolvemento rural sostible. Este ambicioso empeño une a entidades municipais, rexionais e nacionais ao redor dun obxectivo común: atender as necesidades singulares dos mozos nos territorios rurais. Mediante a redución das desigualdades cos seus coetáneos urbanos e a loita contra o envellecemento e o despoboamento, RuralYouthFuture pretende forxar un futuro mellor.

Enfócase en seis instrumentos políticos a escala municipal, rexional e nacional para facer fronte ao reto común de responder as necesidades da mocidade nos territorios rurais, os cales están a experimentar un crecente descenso da poboación. Contará coa participación de distintos socios de sete países europeos: España, Bulgaria, Eslovenia, Lituania, Portugal, Estonia e Bélxica. O proxecto conta cun financiamento de 1,6 millóns de euros, cofinanciado con fondos FEDER.

Máis información: RuralYouthFuture 

Proxectos europeos nos que participa como socia a Fundación Galicia Europa

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data