REUNIÓN DA COMISIÓN DE PESCA DO PARLAMENTO EUROPEO

Os días 14 e 15 de setembro de 2005 tivo lugar a reunión da comisión de pesca do parlamento europeo en Bruxelas.


A primeira reunión tratou exclusivamente da comparecencia do Comisario Borg ante a comisión de pesca. Debido á proximidade da reunión de NAFO, os parlamentarios insistiron firmemente ante o Comisario da necesidade de protexe-los intereses comunitarios no caladeiro.


Entre os temas tratados no segundo día de reunión, destacamos a votación e aprobación pola comisión do informe sobre os recursos pesqueros en augas do Mar Báltico, os Belts e o Sund.


En segundo lugar, intercambiáronse puntos de vista sobre o proxecto de informe que analiza a situación das redes de mulleres que se adican ó mundo da pesca. A ponente do informe destacou as aportacións que fixo a comisión parlamentaria da muller ó informe principal. A votación en comisión de este informe terá lugar o 23 de novembro, e pasará ó Pleno de decembro.


En terceiro lugar, tratouse a problemática derivada da transmisión de solicitudes de licencia de pesca a terceiros países. Nesta materia está en vigor o Regulamento 3300/94, ó que a Comisión desexa incorporar unha pequena modificación. A finalidade desta modificación é mellora-la seguridade xurídica nos periodos transitorios entre a expiración dun acordo pesqueiro e a súa renovación. Para isto, o que propón a Comisión Europea, é que, no caso no que un Protocolo de pesca fose renovado, a Comisión puidera transmiti-las licencias según a clave de reparto acordada no Protocolo anterior sen perxuizo do que puidera aprobar o Consello a posteriori (non se aplicaría este método no caso de negociar un Protocolo novedoso).


En último lugar, debatiuse a proposta da Comisión Europea sobre a participación financieira da comunidade nos programas de control das actividades pesqueiras realizadas polos Estados membros. A vontade da Comisión é que a vixencia da Decisión 465/2004, que expira a finais de 2005 sexa prorrogada durante o ano 2006, de maneira que se poidan continua-las accións que xa están en marcha. Por motivos de calendario estímase que a votación deste informe se poderá levar a cabo o 29 de novembro.