RESULTADOS DO CONSELLO DE PESCA, BRUXELAS 19 E 20 DE SETEMBRO

O Consello de Pesca mantivo unha reunión, baixo presidencia británica en Bruxelas os días 19 e 20 de setembro.A continuación, faise un análise dos resultados desta reunión:


• Paralización da flota da anchoa na zona VIII. A Comisión Europea anunciou a pasada semana o inicio do procedemento interno para prorrogar a actual prohibición de tres meses, e que debería rematar o próximo 2 de outubro. Por tanto, está previsto o establecemento dunha nova prohibición que estará en vigor do 3 de outubro  o 31 de decembro. O Comisario xustificou a prorroga baseándose no mal estado do stock da anchoa. Pola súa parte a delegación española lembrou as perdidas económicas que esta a causar a paralización da flota e salientou a necesidade de contar con información científica sólida. Ádemas informou que España e Francia van a iniciar unha misión científica conxunta este outono para verificar as medidas mais adecuadas que se deberán adoptar antes de a reapertura do caladoiro.


Francia manifestou a súa preocupación pola prorroga do peche e lembrou a Comisión Europea outras propostas alternativas (limitar o peche a zona de desova). Por outra banda, informou que o peche está a provocar o desabastecemento do mercado. Por último, tendo en conta a transferencia de pescadores da flota da anchoa a flota da atún branco, Francia solicitou un incremento da axuda financieina para o almacenamento de atún branco.   


• Opcións e principios para mellorar as medidas de recuperación dos stocks pesqueiros. A presidencia británica iniciou un debate que deberá continuar na sesión do mes de decembro. O comisario Borg incidiu no mal estado dos stocks pesqueiros de bacallao no mar do Norte e manifestou a necesidade de adoptar medidas como a reducción de días de pesca, o peche de caladoiros e a imposición de sancións administrativas en caso de incumprimento. O cuestionario presentado pola presidencia as  delegacións nacionais foi o seguinte:


No suposto de que a información científica do ano 2005 aconsellase reduccións na mortalidade por pesca, ¿estarían dispostos a adoptar medidas mais restrictivas? A maioría das delegacións insistiron na necesidade de dispoñer de información científica rigorosa e fiable. Varios Estados membros defenderon unha aplicación real e efectiva das actuais medidas antes da imposición de outras novas.


Se os Estados membros acordasen medidas mais restrictivas, ¿cales serían? A maioría das delegacións expresaron a súa preocupación polo peche das zonas pesqueiras, e sinalaron que esto provocaría a transferencia de esforzo a outras zonas e a outras especies. Algún Estado membro solicitou a revisión do sistema de días de pesca. Outros propuxeron outorgar incentivos para a promoción de artes de pesca mais selectivos.


¿Deberían introducirse novas medidas de control e xeralizar o uso de sancións administrativas? Esta e unha cuestión delicada porque o poder de sanción esta moi vencellado  a soberanía dos Estados membros. Por este motivo, varias delegacións lembraron que é preciso respectar as competencias dos Estados membros. A maioría das delegacións insistiron na necesidade de aplicar as sancións  existentes e mellorar os controles nas descargas e no comercio de pescado.


• Información da Comisión sobre as posibles medidas a adoptar para facer fronte a subida dos prezos do gasóleo. O comisario Borg presentou as posibles medidas a adoptar para facer fronte a actual situación.


En primeiro lugar, fixo referencia a aplicación do articulo 16 do  Regulamento do IFOP, con obxecto de financiar a parada da flota. O principal inconveniente desta medida reside en que o nivel de compromiso das partidas de este fondo en España é moi elevado. A medio e longo prazo propuxo realizar cambios estructurais, tales como: o uso de técnicas pesqueiras que precisen un menor consumo, a inversión en investigación para mellorar a eficiencia enerxética e o uso de fontes alternativas de enerxía. Finalmente, sinalou a necesidade de incrementar o actual limite de 3000€ para as axudas de “minimis”;  que son aquelas que a Unión Europea permite a súa concesión sen necesidade de autorización expresa (ata 3 000€ por pescador para un período de tres anos).


O Comisario comprometeuse a presentar unha proposta onde se incorporen estas modificacións. Sen embargo, non informou da data da súa publicación.


• Regulamento relativo o acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Comores (xaneiro 2005-decembro 2010). O Consello adoptou, por maioría cualificada e coa abstención de España, Francia e Portugal, o regulamento que prevé a aplicación de este acordo pesqueiro.


A abstención destes Estados membros (incluído España) debese o incremento da contribución financeira que deberán aportar os armadores (tal e como viña anunciando a Comisión Europea no seu ultimo documento relativo o marco sobre acordos pesqueiros comunitarios). Este protocolo aplicarase con caracter retroactivo a partir do 1 de xaneiro de 2005 e permitirá o acceso a 6000 toneladas de atún anuais durante un período de 6 anos. A contribución comunitaria acordouse en 2.340.000 de euros para todo o período.


Os Estados membros beneficiarios son: España, Francia, Portugal e Italia.


• Regulamento relativo a prohibición da pesca de arrastre nas illas Azores e Canarias. O Consello adoptou formalmente este regulamento sobre o cal xa se acadou un acordo en Coreper.  De conformidade con este regulamento prohíbese definitivamente a utilización de aparellos tales como (redes de enmalle, redes de enredo, redes de transmalle, redes de arrastre de fondo e artes de arrastre similares) en torno as illas Azores, Madeira e Canarias. Ata agora, existía unicamente unha prohibición provisoria  de arrastre en torno a Azores e  Madeira.