Actualidade
Portada »A Fundación Galicia Europa participa no proxecto Incubtrans
Incubtrans é un novo proxecto de cooperación transfronteiriza que a Fundación Galicia Europa impulsará para a mocidade galego-portuguesa durante tres anos.
A Comisión aproba 1200 millóns de euros en axudas estatais para un proxecto común sobre tecnoloxías de computación na nube e no bordo
A Comisión aprobou, en virtude das normas sobre axudas estatais, un proxecto importante de interese común europeo para apoiar a investigación, o desenvolvemento e a primeira utilización industrial de tecnoloxías avanzadas de computación na nube e no bordo por parte de múltiples provedores de toda Europa. O proxecto, chamado PIICE de infraestrutura e servizos na nube de nova xeración, foi notificado conxuntamente por sete Estados membro.
Galicia reivindica o papel das rexións na estratexia europea de cooperación internacional
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na oitava edición do foro internacional sobre Cidades e rexións.
A Comisión pon en marcha a Empresa Común de Chips no marco da Lei Europea de Chips
A Empresa Común de Chips é a principal executora da iniciativa Chips para Europa (orzamento total previsto de 15.800 millóns de euros ata 2030). Ten por obxecto reforzar o ecosistema de semiconductores e a seguridade económica de Europa mediante a xestión dun orzamento previsto de case 11.000 millóns de euros de aquí a 2030, proporcionado pola UE e os Estados participantes.
O proxecto Eurocidade 2030 conta coa participación da Fundación Galicia Europa
O obxectivo do proxecto é promover a cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal e superar os obstáculos fronteirizos.
As rexións europeas dan luz verde ao ditame galego sobre o futuro da pesca
Jesús Gamallo interveu no último pleno do Comité Europeo das Rexións, no que se aprobou o ditame galego sobre o futuro da pesca.
A Comisión acolle con satisfacción o acordo provisional sobre a modernización da xestión das emisións industriais
A lexislación actualizada axudará a orientar os investimentos industriais necesarios para a transformación de Europa cara a unha economía máis limpa, neutra en carbono, máis circular e competitiva de aquí a 2050. Estimulará a innovación, recompensará aos pioneiros, contribuirá á igualdade de condicións no mercado da UE e aumentará a seguridade dos investimentos a longo prazo para a industria.
O Consello adopta unhas Conclusións sobre as mulleres e a igualdade no deporte
O Consello adoptou o 24 de novembro unhas Conclusións para loitar contra a discriminación por motivos de xénero no deporte
A Fundación Galicia Europa achega os voluntariados e prácticas na UE aos alumnos da UDC
A FGE e o embaixador EPSO na UDC achegan as oportunidades de prácticas e de voluntariado na UE a universitarios galegos.
Videoxogos: o Consello protexe a dimensión cultural e creativa do sector
O Consello adoptou o 24 de novembro unhas Conclusións sobre o reforzo da dimensión cultural e creativa do sector dos videoxogos en Europa