Actualidade
Portada »A Fundación Galicia Europa celebra un “Encontro virtual Xunta-UE” sobre o futuro Plan de Colaboración Nacional e Rexional (PCNR)
A Fundación Galicia Europa (FGE) organizou o pasado mércores un novo “Encontro virtual Xunta-UE” coa Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea (DG REGIO), centrado nos futuros Plans de Colaboración Nacional e Rexional (PCNR), instrumentos clave no vindeiro Marco Financeiro Plurianual (MFP) 2028-2034.
Galicia reivindica en Quebec o papel das rexións no futuro da Macrorrexión Atlántica
Participa na Asemblea Xeral da Comisión do Arco Atlántico pedindo maior participación das rexións no deseño das políticas europeas para o espazo atlántico.
A Xunta busca os mellores proxectos europeos de Galicia
Convocada a terceira edición dos premios #EuropaXunta, que ten como obxectivo concienciar sobre a importancia dos fondos europeos en Galicia.
Innogando, Vives aprende e Mozos Embaixadores Dixitais para pemes (DYAS), proxectos galegos elixidos como boas prácticas de dinamización das áreas rurais
O proxecto RuralYouthFuture publica na súa plataforma web un resumo das súas “Mellores prácticas”, destacando iniciativas inspiradoras que apoian o emprego xuvenil e o desenvolvemento sustentable en zonas rurais de toda Europa.
Novas medidas para reforzar a soberanía tecnolóxica de Europa
O novo paquete de medidas presentado pola Comisión Europea impulsará os semicondutores, a IA, a computación na nube e o código aberto.
Aberto o prazo de solicitude das bolsas Galicia Europa no eido do dereito na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas
Ata o 3 de xullo pódense presentar as solicitudes para as dúas bolsas de formación para persoas graduadas en Dereito da FGE en Bruxelas.
Semestre Europeo 2026: recomendacións para reforzar a competitividade e a cohesión social
Bruxelas presenta o paquete de primavera con recomendacións en materia de competitividade, vivenda, transición verde e cohesión social.
Europa elixe o proxecto “Vives aprende” para liderar o futuro laboral no rural
O programa Vives aprende foi recoñecido a nivel europeo tras a súa incorporación á base de datos de boas prácticas de Interreg Europe.
Innogando, o proxecto galego que inspira a Europa
O proxecto Innogando foi recoñecido por Interreg Europe como exemplo de boas prácticas pola súa contribución á mellora da calidade de vida do sector gandeiro.
A plataforma Interreg Europe promove o proxecto Digital Young Ambassadors para pemes
A plataforma Interreg Europe promove o proxecto Digital Young Ambassadors for SMEs (DYAS) como exemplo de boas prácticas recoñecendo a súa contribución ás pemes e á incorporación da mocidade ao ámbito laboral no rural.