Actualidade
Portada »Mariña Cortés, nova voluntaria IVY na Fundación Galicia Europa
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, dá a benvida á Mariña Cortés, a nova voluntaria IVY na Fundación Galicia Europa. Mariña desenvolverá a súa labor no marco do proxecto “RuralYouthFuture”, de mellora da empregabilidade xuvenil en zonas rurais.
O Consello Europeo reúnese de forma extraordinaria para tratar a situación en Ucraína e a defensa de Europa
A reunión servíu para presentar a nova proposta da Comisión sobre un fondo de defensa e analizar a situación de Ucraína.
O Comité Europeo das Rexións debate sobre a intelixencia artificial con Galicia como exemplo
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na comisión de Política Económica (ECON) do CdR.
Unha Unión das Competencias que prepare ás persoas para unha Europa competitiva
Esta proposta pretende preparar á poboación a nivel de competencias para afrontar os retos das trasicións ecolóxica e dixital e facilitar a mobilidade e empleabilidade.
Galicia defende a necesidade de fortalecer o papel das rexións na salvagarda do Estado de Dereito
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE interveu na comisión CIVEX do Comité Europeo das Rexións para esixir unha maior participación dos entes locais e rexionais na elaboración de políticas públicas.
A Comisión simplifica as normas sobre sostibilidade e investimentos da UE
Este novo paquete de propostas para simplificar as normas da UE e impulsar a competitividade ten como obxectivo liberar unha capacidade de investimento adicional.
A conselleira de Economía e Industria pide en Bruxelas unha rápida aplicación do novo plan europeo para a automoción
A Fundación Galicia Europa deseñou a axenda de María Jesús Lorenzana en Bruxelas que a levou a reunirse con altos representantes da Comisión Europea.
Galicia amosa unha evolución positiva nos primeiros datos a nivel rexional sobre avance nos obxectivos de contaminación cero para 2030
A nosa comunidade presenta mellores datos que a media europea e española en catro dos cinco indicadores dispoñibles. É a segunda autonomía que máis reduciu a contaminación das augas urbanas e a quinta que máis mellorou a calidade do aire.
A Plataforma de Tecnoloxías Estratéxicas para Europa (STEP) mobiliza máis de 15 000 millóns de euros no seu primeiro ano
Galicia conta cun proxecto que recibiu o Selo STEP, outorgado a iniciativas prometedoras en tecnoloxía limpa e eficiente no uso dos recursos e tecnoloxía profunda e dixital.
A Xunta traslada a súa solidariedade á familia de Diego Bello na súa visita a Bruxelas
A directora da oficina da Fundación Galicia Europa na capital comunitaria, Ana Ramos, reuniuse con familiares e o avogado do mozo galego asasinado en Filipinas en 2020.