Actualidade
Portada »A Comisión simplifica as normas sobre sostibilidade e investimentos da UE
Este novo paquete de propostas para simplificar as normas da UE e impulsar a competitividade ten como obxectivo liberar unha capacidade de investimento adicional.
A conselleira de Economía e Industria pide en Bruxelas unha rápida aplicación do novo plan europeo para a automoción
A Fundación Galicia Europa deseñou a axenda de María Jesús Lorenzana en Bruxelas que a levou a reunirse con altos representantes da Comisión Europea.
Galicia amosa unha evolución positiva nos primeiros datos a nivel rexional sobre avance nos obxectivos de contaminación cero para 2030
A nosa comunidade presenta mellores datos que a media europea e española en catro dos cinco indicadores dispoñibles. É a segunda autonomía que máis reduciu a contaminación das augas urbanas e a quinta que máis mellorou a calidade do aire.
A Plataforma de Tecnoloxías Estratéxicas para Europa (STEP) mobiliza máis de 15 000 millóns de euros no seu primeiro ano
Galicia conta cun proxecto que recibiu o Selo STEP, outorgado a iniciativas prometedoras en tecnoloxía limpa e eficiente no uso dos recursos e tecnoloxía profunda e dixital.
A Xunta traslada a súa solidariedade á familia de Diego Bello na súa visita a Bruxelas
A directora da oficina da Fundación Galicia Europa na capital comunitaria, Ana Ramos, reuniuse con familiares e o avogado do mozo galego asasinado en Filipinas en 2020.
Un Pacto Industrial Limpo para apoiar a competitividade e a descarbonización da UE
O Pacto acelerará a descarbonización e garantirá o futuro da industria manufactureira en Europa ao situar a descarbonización como un potente motor de crecemento da industria.
Lara Meneses visita Bruxelas para afondar no traballo da Unión Europea en materia de xuventude
A directora xeral de Xuventude, que contou co apoio e asesoramento da Fundación Galicia Europa, mantivo encontros con representantes de distintas institucións sobre voluntariado, integración da mocidade no contexto europeo e o programa de mobilidade do Interrail.
Stakeholders galegos perfilan as boas prácticas a presentar no proxecto “RuralYouthFuture”
Nos últimos seis meses, o traballo e o contacto activo entre os stakeholders e os socios galegos permitiron definir as boas prácticas de Galicia, que serán presentadas na próxima visita de estudo na nosa comunidade.
Deseñar xuntos o futuro da UE: a Comisión presenta a ruta cara ao próximo orzamento a longo prazo da UE
Na Comunicación a UE expón cales son os principais retos que afrontará o novo orzamento comunitario para o período 2028-2034.
Aberta a convocatoria do programa Young Elected Politicians 2025
O Comité Europeo das Rexións lanza unha nova convocatoria do programa Young Elected Politicians (YEP) para 2025. Esta iniciativa, que xa conta cunha rede de máis de mil participantes, está dirixida a representantes políticos locais e rexionais que desexen ampliar os seus coñecementos sobre políticas europeas, establecer contactos con participantes doutros países e contribuír activamente ao futuro da UE.