Actualidade
Portada »
Galicia como promotora do emprego xuvenil no rural europeo
Conclusións dos socios de “RuralYouthFuture” sobre a visita de estudo a Galicia (España).

A Fundación Galicia Europa recibe aos socios do proxecto “RuralYouthFuture” na súa vista de estudo a Sober
O encontro terá lugar os días 11 e 12 de xuño de 2025 en Sober, Lugo. Contará coa participación de representantes dos sete países socios do proxecto – España, Bulgaria, Eslovenia, Lituania, Portugal, Estonia, Bélxica e Serbia-, para estudar e analizar o desenvolvemento das boas prácticas implementadas polas entidades, institucións, asociacións e socios galegos, no marco deste programa, dotado con 1,6 millóns de euros, e cofinanciado con fondos FEDER.

A Fundación Galicia Europa analiza as boas prácticas do medio rural portugués nos encontros bilaterais do proxecto “RuralYouthFuture”
A Fundación Galicia Europa participa, xunto con outros socios do proxecto “RuralYouthFuture”, nun encontro bilateral no que diversas entidades portuguesas presentan as boas prácticas desenvolvidas no medio rural luso, co obxectivo de avaliar a súa posta en marcha en Galicia.

RuralYouthFuture leva aos seus socios a coñecer as boas prácticas do medio rural portugués
Durante a visita, analizáronse iniciativas, como os laboratorios vivos para a agricultura ou o uso da ciencia como ferramenta para crear oportunidades no interior do país.

Un voluntario da Fundación Galicia Europa participa no proxecto “Let’s Find Entrepreneurs” en Grecia para fomentar o emprendemento xuvenil
O voluntario IVY na Fundación Galicia Europa, que colabora co proxecto Incubtrans, participou neste proxecto destinado ao intercambio, formación e desenvolvemento das habilidades dos profesionais e institucións que acompañan e apoian a mozos emprendedores.

Mariña Cortés, nova voluntaria IVY na Fundación Galicia Europa
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, dá a benvida á Mariña Cortés, a nova voluntaria IVY na Fundación Galicia Europa. Mariña desenvolverá a súa labor no marco do proxecto “RuralYouthFuture”, de mellora da empregabilidade xuvenil en zonas rurais.

Stakeholders galegos perfilan as boas prácticas a presentar no proxecto “RuralYouthFuture”
Nos últimos seis meses, o traballo e o contacto activo entre os stakeholders e os socios galegos permitiron definir as boas prácticas de Galicia, que serán presentadas na próxima visita de estudo na nosa comunidade.

As iniciativas innovadoras da mocidade eslovena centran a reunión P2P do proxecto RuralYouthFuture
Os protagonistas do encontro foron mozos eslovenos que presentaron boas prácticas que desenvolven e que se poderían aplicar en Galicia.

O proxecto RuralYouthFuture leva á Fundación Galicia Europa a coñecer as boas prácticas nas zonas rurais de Eslovenia
O obxectivo da visita foi coñecer como se desenvolven as industrias turísticas nas zonas rurais de Eslovenia.

O proxecto europeo RuralYouthFuture dá a benvida a un novo socio de Backa (Serbia)
O proxecto, liderado pola Fundación Galicia Europa, busca promover a inclusión de socios dos países en proceso de adhesión á Unión Europea.