Actualidade
Portada »Os fondos europeos impulsan o desenvolvemento sostible e a competitividade do medio rural en Galicia
O financiamento europeo impulsou o crecemento de Innogando, unha startup galega que desenvolve tecnoloxía intelixente para modernizar a gandaría, mellorar a calidade de vida dos profesionais do sector e favorecer o relevo xeracional
Aberto o prazo de inscrición para a Semana Europea das Rexións e das Cidades en Bruxelas
A organización da Semana Europea das Rexións e das Cidades (EURegionsWeek) 2026 acaba de abrir o prazo de inscrición para participar nas Partner Sessions.
Bruxelas propón posibilidades de pesca para 2027 no mar Báltico
A proposta establece os totais admisibles de capturas (TAC) e as cotas para dez poboacións de peixes, baseándose nos ditames científicos.
A UE reforza o apoio a España fronte aos incendios forestais
A Unión Europea mobiliza bombeiros franceses e activa o servizo Copernicus para apoiar a resposta aos incendios forestais en Aragón.
Novas normas sobre envases para reducir os residuos e facilitar a reciclaxe
As novas normas buscan reducir o impacto ambiental dos envases e residuos de envases, fomentar a súa reutilización e facilitar a reciclaxe.
Directrices para unha IA máis segura e transparente
A UE aplica novas obrigas de transparencia para os sistemas de IA co obxectivo de reforzar a protección das persoas fronte á desinformación.
A UE facilita a reparación dos produtos domésticos e electrónicos
Novas normas da UE fomentan a reparación fronte á substitución dos produtos, ampliando as garantías e impulsando un consumo máis sostible.
A FGE presenta as claves de RuralYouthFuture para impulsar a mocidade rural
A Fundación Galicia Europa participou o pasado 4 de xullo nun evento de comunicación do proxecto europeo RuralYouthFuture, celebrado en Meaus (Ourense), que reuniu máis de vinte persoas entre representantes de asociacións, mocidade e concellos rurais da provincia de Ourense.
A Fundación Galicia Europa recibe a incorporación dunha nova voluntaria IVY
A iniciativa Mocidade Voluntaria Interreg axuda a programas transfronteirizos, transnacionais e interrexionais a acoller a mozos voluntarios.
2,7 millóns de euros para apoiar a recolocación de traballadores da automoción galega
A Comisión Europea propuxo mobilizar 2,7 millóns de euros do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización para Traballadores Despedidos (FEAG) para apoiar a reinserción laboral de 671 persoas afectadas polos procesos de reestruturación do sector auxiliar da automoción en Galicia.