RESOLUCIÓN DO PARLAMENTO EUROPEO SOBRE A SOSTENIBILIDADE DO TURISMO EUROPEO
O Parlamento Europeo adoptou o pasado día 8 de setembro, por 471 votos a favor, 54 en contra e 58 abstencións, unha resolución de propia iniciativa sobre as novas perspectivas e os novos desafíos para un turismo europeo sostible.
Elaborado polo deputado portugués do PPE, Luís Queiró, o informe presenta varias iniciativas consideradas viables e útiles para o obxectivo central da sostenibilidade do turismo europeo.
Tras recoñecer a importancia do sector en termos de contribución ó crecemento, ó emprego e ás novas tecnoloxías, o Parlamento Europeo chama a atención sobre a crecente competitividade do sector a nivel internacional e os riscos de debilitamento da posición de Europa a escala mundial.
A fin de afrontar este novo contexto, os deputados propoñen unha serie de iniciativas entre as que destacan:
a clasificación comunitaria dos– servicios turísticos, en particular das estructuras hoteleiras;
a revisión– da Directiva 77/388/CEE sobre o réxime especial das axencias de viaxes para simplificar o réxime especial do IVE e aplicar o tipo reducido que xa existe para outras actividades relacionadas co sector;
a creación dunha rede de– formación específica en materia turística que poda conectar os organismos de formación existentes nos Estados membros;
a elaboración dun “paquete– turismo” que comprenda a revisión das directivas existentes relativas ó dereito dos consumidores en materia de turismo;
a mellora da coordinación da– información sobre a xestión das crises sanitarias, as catástrofes naturais ou os actos terroristas a fin de dar respostas rápidas e coordinadas para a protección dos turistas europeos;
a busca de fórmulas para facer fronte ós– desequilibrios provocados polo turismo de masas, procurando crear unha oferta máis estable;
a elaboración dun programa de alcance europeo para promover o– desenvolvemento do turismo da terceira idade, especialmente en temporada baixa;
a adopción de medidas adecuadas para que os grupos de usuarios que– presentan esixencias particulares podan exercer o dereito a seren turistas;
a posta en marcha dunha iniciativa comunitaria destinada á– designación de destinos turísticos europeos de excelencia,seguindo o modelo das Capitais Europeas da Cultura;
a creación dunha liña orzamentaria– específica e dotadas dos recursos suficientes que teña en conta a importancia do turismo para a economía europea; e
a realización dun plan de acción– plurianual que permita reforzar a cohesión da acción da Unión en materia de turismo mediante a asociación dos Estados membros e das súas autoridades rexionais e locais.
No debate que tivo lugar durante a probación da resolución, sen embargo, o comisario europeo de Industria, Günther Verheugen, dixo ós deputados que aínda que estaba de acordo con varias das propostas recollidas no informe, a Comisión Europea non pode asumir outras como a creación dunha liña orzamentaria específica, mais sinalou que tentará sacar o máximo proveito dos instrumentos existentes.
Igualmente, a Comisión Europea non proporá ningunha lexislación suplementaria e non asumirá iniciativas que considera corresponden á propia industria do sector coma é o caso da elaboración dun programa destinado ó turismo das persoas pertencentes á terceira idade.
O Comisario tamén sinalou que no Foro do Turismo Europeo que terá lugar en Malta os días