Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Representante do voluntariado IVY presenta os proxectos europeos nos que participa activamente

Representante do voluntariado IVY presenta os proxectos europeos nos que participa activamente

22/01/2024 | ,

— A voluntaria IVY presentou os obxectivos do proxecto RuralYouthFuture ante a Cámara de Comercio de Santiago, transmitiu o seu compromiso co proxecto e formou parte do Steering Comitee

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2024. O pasado decembro tivo lugar unha reunión á que asistiu a voluntaria IVY da Fundación, na que expuxo as ideas principais do proxecto RuralYouthFuture, no que participa activamente. Todo iso realizouse ante a Cámara de Comercio de Santiago.

Doutra banda, tamén puido formar parte do Steering Comitee deste mesmo proxecto, asistindo ás reunións que se levaron a cabo durante este mes.

Rural Youth Future ten como obxectivo mellorar a eficacia das políticas de emprego xuvenil para o desenvolvemento rural sostible. Esta reunión foi unha oportunidade para aprender sobre os proxectos nos que colaboran os demais voluntarios, para compartir experiencias e tomar iniciativa na elaboración de próximos eventos dos que poderán formar parte.

Unha das actividades ás que asistirán como voluntarios terá lugar no primeiro cuadrimestre do ano 2024. Este evento internacional forma parte do proxecto Rural Youth of Europe (RUYOU), e será unha plataforma na que compartir mellores prácticas e intercambiar ideas.

A representante IVY céntrase principalmente no ámbito da comunicación, aínda que tamén puido estar presente en reunións de lanzamento de proxectos e outras tarefas que competen á Fundación. A participación activa como voluntarios IVY, demostra o compromiso para impulsar a colaboración da xuventude s en proxectos europeos como Rural Youth Future.

Rural Youth Future

RuralYouthFuture é unha iniciativa europea dedicada a mellorar a eficacia das políticas de emprego xuvenil para o desenvolvemento rural sostible. Este ambicioso empeño une a entidades municipais, rexionais e nacionais ao redor dun obxectivo común: atender as necesidades singulares dos mozos nos territorios rurais. Mediante a redución das desigualdades e a loita contra o envellecemento e o despoboamento, RuralYouthFuture pretende forxar un futuro mellor.

Este proxecto é apoiado polos seguintes socios:

  • Fundación Galicia Europa (ES)
  • Direción Xeral de XuventudE, Participación e Voluntariado (ES)
  • Association Centre for Sustainability and Economic Growth (Asociación Centro para a Sustentabilidade e o Crecemento Económico) (BG)
  • Municipality of Peshtera (Municipio de Peshtera) (BG)
  • Smart House, Institution For Research And Sustainable Development Martjanci (Smart House, Institución de Investigación e Desenvolvemento Sostible Martjanci) (SI)
  • University of Latvia (Universidade de Letonia) (LV)
  • Portuguese Institute of Sports and Youth, IP (Instituto Portugués do Deporte e a Xuventude, IP) (PT)
  • Association of Municipalities of Tartu County (Asociación de Municipios do Condado de Tartu) (EE)

Máis información: RuralYouthFuture

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data