Actualidade
Portada » Actualidade » Análise FGE da actualidade comunitaria »
Valoración da proposta da Comisión Europea do novo MFP (2028-2034) desde unha perspectiva galega
A nova proposta de Marco Financeiro Plurianual (MFP) presentada pola Comisión Europea supón un incremento significativo respecto ao MFP 2021-2027, sen ter en conta o programa Next Generation EU, que se engadiu de forma excepcional como un instrumento temporal. Este aumento responde, en parte, á necesidade de cubrir os pagamentos da débeda contraída para financiar dito programa, estimados en arredor de 24.000 millóns de euros anuais entre 2028 e 2058.