REACT-EU

DESENVOLVEMENTO REXIONAL E COHESIÓN

Horizonte Europa

Duración

2021-2027

Tipo de programa

Xestión compartida

Base legal

Regulamento (UE) 2020/2221 do Parlamento Europeo e do Consello do 23 de decembro de 2020 polo que se modifica o Regulamento (UE) n.o. 1303/2013 no que respecta aos recursos adicionais e as disposicións de execución a fin de prestar asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da Covid-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía (REACT UE)

Organismo xestor

REACT-EU execútase mediante xestión compartida entre a Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana (DG REGIO) e os Estados membros.

Obxectivos

Proporcionar financiamento adicional dende 2020 a 2022 para os actuais programas de cohesión 2014- 2020 no marco do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o Fondo Social Europeo, así como para o Fondo de Axuda Europea ás Persoas máis Desfavorecidas.

Eixes de actuación

A metodoloxía de asignación deste financiamento ten en conta plenamente o impacto económico e social da crise nos países da UE, reflectindo a caída do PIB e o aumento do desemprego, mesmo entre os mozos, así como a riqueza relativa dos países.
Para garantir que os recursos adicionais poidan dirixirse xeograficamente ás zonas nas que o apoio é máis necesario, como caso excepcional e sen prexuízo das asignacións normais da política de cohesión, excepcionalmente os recursos adicionais non se reparten por categorías de rexións.
Estes recursos adicionais distribúense aos Estados membros en 2021 e 2022 con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Fondo Social Europeo (FSE), o Fondo Europeo de Axuda ás Persoas máis Desfavorecidas (FEAD), así como a Iniciativa de Emprego Xuvenil (IEJ). Tamén poden financiarse medidas de asistencia técnica.
No caso de Galicia, o programa operativo FEDER 14-20 modificouse para incluír 305 M€ de REACT-EU destinados a:

  • Fomento da investigación e innovación sanitaria no ámbito dos produtos e servizos para os servizos de saúde (9,5%).
  • Apoio a investimentos que contribúan á transición cara a unha economía dixital (24,1%).
  • Apoio en forma de capital circulante ou de apoio ao investimento para os investimentos das pemes en sectores cun elevado potencial de creación de emprego e apoio a sectores especialmente afectados pola crise da Covid-19 (7,8% e 6,6%, respectivamente).
  • Apoio aos investimentos que contribúan á transición cara a unha economía verde (24,0%). •Apoio aos investimentos en infraestruturas que presten servizos básicos aos cidadáns,
    especialmente no ámbito sanitario (24,8%). • Asistencia técnica (3,1%).

O programa operativo FSE 14-20 de Galicia, pola súa banda, foi modificado para incluír 91M€ destinados a:

  • Apoio para o acceso ao mercado de traballo, a creación de postos de traballo e o emprego de calidade (76,8%). Financiaranse políticas relacionadas principalmente co mantemento do emprego, tanto en autónomos como en micropemes, e de apoio e reactivación do emprego feminino.
  • Apoio para o acceso ao mercado de traballo das persoas en situación de vulnerabilidade, o acceso aos sistemas sociais e as medidas de inclusión social e erradicación da pobreza (20,1% da axuda). Impulsaranse medidas dirixidas a loitar contra a desigualdade e a exclusión social dos colectivos máis vulnerables, e reforzaranse as accións para a loita contra a violencia de xénero, trata de seres humanos con fins de explotación sexual e promoción de recursos para mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
  • Asistencia técnica (3,1%).

Beneficiarios

Autoridades públicas dos Estados membros e, indirectamente, cidadáns da UE, organizacións públicas ou privadas e empresas.

Orzamento e intensidade das axudas

50.620 millóns de euros de NextGenerationEU (prezos de 2021).
Porcentaxe de cofinanciamento de ata o 100 % para os distintos eixes prioritarios dos programas operativos que reciben apoio dos recursos REACT-EU.

Observacións

O financiamento desembólsase como reforzo do financiamento da política de cohesión 2014-2020 en forma de subvencións, contratacións e instrumentos financeiros.

Puntos de información a nivel europeo

Organismo: DG REGIO
E-mail:
regio-a2-communication@ec.europa.eu

Puntos de información a nivel nacional ou rexional

Consellería de Facenda. Principio de Asociación REACT-EU
Web de información
E-mail: programacionffg@xunta.gal

Convocatorias relacionadas

Axudas para a internacionalización dixital das empresas galegas