Programa para o Mercado Único

MERCADO ÚNICO

Horizonte Europa

Duración

2021-2027

Tipo de programa

Xestión directa

Base legal

Regulamento (UE) 2021/690 do Parlamento Europeo e do Consello do 28 de abril de 2021 polo que se establece un programa para o mercado interior, a competitividade das empresas, incluídas as pequenas e medianas empresas, o ámbito dos vexetais, animais, alimentos e pensos, e as estatísticas europeas (Programa para o Mercado Único).

Organismo xestor

O Programa para o Mercado Único executarase principalmente mediante a xestión directa da Comisión (as Direccións Xerais participantes son Competencia -DG COMP-, Eurostat -DG ESTAT-, Estabilidade Financeira, Servizos Financeiros e Unión dos Mercados de Capitais -DG FISMA-, Mercado Interior, Industria, Emprendemento e Pemes -DG GROW-, Xustiza e Consumidores -DG JUST-, Saúde e Seguridade Alimentaria -DG SANTE- e Fiscalidade e Unión Aduaneira -DG TAXUD-), en colaboración con dúas axencias executivas, que executarán partes do Programa: a Axencia Executiva para o Consello Europeo de Innovación e as Pemes (EISMEA), para as actividades relativas á competitividade das empresas e as pemes, a normalización e a promoción dos intereses dos consumidores; e a Axencia Executiva Europea nos ámbitos da Saúde e Dixital (HaDEA), para actividades relacionadas coa protección da saúde das persoas, os animais e as plantas ao longo da cadea alimentaria, e o apoio ao benestar dos animais.

Obxectivos

Reforzar a gobernanza e o funcionamento do mercado único. Aplicar, facer cumprir e seguir desenvolvendo normas en ámbitos como os servizos financeiros, a loita contra o branqueo de diñeiro, a libre circulación de capitais, a protección dos consumidores, a seguridade alimentaria, a sanidade animal e vexetal e as estatísticas europeas de alta calidade.

Eixes de actuación

O Programa para o Mercado Único abrangue os seguintes seis obxectivos:

  • Seguridade alimentaria: garantir unha cadea alimentaria segura e sostible.
  • Protección dos consumidores: garantir un nivel alto de protección dos consumidores, a seguridade dos produtos e unha maior voz dos consumidores.
  • Apoio ás empresas: reforzar a competitividade e a sustentabilidade das pequenas e medianas empresas (pemes).
  • Un mercado único máis eficaz: mellora do funcionamento do mercado interior coa vixilancia de mercado, apoio á resolución de problemas dos cidadáns e as empresas, e a mellora da política de competencia.
  • Apoio ao desenvolvemento de normas e informes: desenvolver normas europeas eficaces e normas internacionais de información financeira e non financeira e de auditoría.
  • Estadísticas europeas: produción e difusión de estatísticas europeas de alta calidade.

Beneficiarios

Particulares e empresas, organizacións de consumidores, institutos de estatística, organizacións de normalización, autoridades no eido dos alimentos e os pensos, a saúde e o benestar dos animais e a sanidade vexetal, a Enterprise Europe Network (EEN), etc.

Orzamento e intensidade das axudas

4.210 millóns de euros (prezos de 2021):

  • 1.684 millóns de euros para seguridade alimentaria • 210,5 millóns para protección dos consumidores
  • 1.010,4 millóns de euros apoio ás pemes (COSME)
  • 547,3 millóns de euros para fortalecer o mercado único
  • 210,5 millóns de euros para o desenvolvemento de normas e informes •
  • 547,3 millóns de euros para estatísticas europeas

Nas accións destinadas á vixilancia efectiva do mercado, co fin de garantir que só se atopen dispoñibles no mercado da Unión produtos seguros e conformes que ofrezan un elevado nivel de protección dos consumidores e outros usuarios finais, poderase financiar ata o 100 % dos gastos subvencionables dunha acción.
Nas accións para reforzar a competitividade e sustentabilidade das pemes, poderase financiar ata o 100 % dos gastos subvencionables para o apoio financeiro a terceiros e ata o 90 % dos gastos subvencionables para as demais categorías de gastos.
Para as subvencións concedidas á Asociación Europea para a Coordinación da Representación dos Consumidores na Normalización (ANEC) relacionadas con accións de acreditación, o Programa poderá financiar ata o 95 % dos gastos subvencionables.
En relación coas accións destinadas a lograr un alto nivel de saúde e seguridade para as persoas, os animais e os vexetais mediante a prevención, detección e erradicación de enfermidades e pragas, o Programa poderá financiar ata o 100 % dos gastos subvencionables.
Para as accións de execución de medidas de emerxencia veterinaria e fitosanitaria, e de programas nacionais veterinarios e fitosanitarios anuais e plurianuais, a porcentaxe de cofinanciamento aplicado será do 50 % dos gastos subvencionables, con algunhas excepcións (ver artigo 12 do Regulamento).

Observacións

Dentro deste novo Programa para o Mercado Único intégrase o antigo Programa para a Competitividade das Pequenas e Medianas Empresas da Comisión Europea (COSME)
Entre os seus instrumentos inclúese o Programa Erasmus para Mozos Emprendedores, que axuda aos aspirantes europeos a empresarios a adquirir as habilidades necesarias para crear e/ou dirixir con éxito unha pequena ou mediana empresa en Europa. Os novos emprendedores adquiren e intercambian coñecementos e ideas de negocio con empresarios experimentados con quen conviven e colaboran durante períodos de entre 1 e 6 meses. A estancia está parcialmente subvencionada pola Comisión Europea. O programa está financiado pola Comisión Europea e opera en 37 países con axuda dos puntos locais de contacto, cuxa labor é apoiar ás empresas (p. ex. cámaras de comercio, centros de apoio á iniciativa empresarial, viveiros de empresas etc.). As súas actividades están coordinadas a nivel europeo pola Oficina de Apoio ao programa.

Puntos de información a nivel europeo

Organismo: DG GROW
Web de envío de consultas
Para Erasmus para Jóvenes Emprendedores:
Organismo: Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela.

Punto local de contacto: Belén Mendoza
E-mail: proyectos@camaracompostela.com

Convocatorias relacionadas