Programa para o Medio Ambiente e a Acción Climática (LIFE)
ACCIÓN POLO MEDIO AMBIENTE E O CLIMA
Duración
Tipo de programa
Base legal
Regulamento (UE) 2021/783 do Parlamento Europeo e do Consello do 29 de abril de 2021 polo que se establece un Programa de Medio Ambiente e Acción polo Clima (LIFE)
Organismo xestor
Obxetivos
Acadar un cambio cara a unha economía sostible, circular, enerxeticamente eficiente, baseada nas enerxías renovables, neutra desde o punto de vista climático e resiliente. Protexer, restaurar e mellorar a calidade do medio ambiente, incluídos o aire, a auga e o solo. Deter e inverter a perda de biodiversidade e facer fronte á degradación dos ecosistemas.
Eixes de actuación
LIFE estrutúrase en dúas áreas de acción e catro subprogramas:
- A área de Medio Ambiente inclúe os subprogramas (1) Natureza e Biodiversidade; (2) Economía Circular e Calidade de Vida;
- A área de Acción polo Clima inclúe os subprogramas (3) Mitigación e Adaptación ao Cambio Climático; (4) Transición Enerxética Limpa.
- O subprograma de Natureza e Biodiversidade terá como obxectivo a protección e restauración da natureza europea e a detención e modificación da tendencia cara á perda de biodiversidade. Así, o subprograma LIFE Natureza e Biodiversidade seguirá financiando proxectos de conservación da natureza, en particular nos ámbitos da biodiversidade, os hábitats e as especies. Apoiará proxectos que contribúan á aplicación das directivas da UE sobre aves e hábitats, e en particular o desenvolvemento e a xestión da rede Natura 2000, e o Regulamento sobre as especies invasoras, e apoiará a consecución dos obxectivos da estratexia de biodiversidade da UE para 2030, que forma parte do Pacto Verde da UE
- O subprograma de Economía Circular e Calidade de Vida ten como obxectivo facilitar a transición cara a unha economía sostible, circular, libre de tóxicos, enerxeticamente eficiente e resistente ao clima, así como protexer, restaurar e mellorar a calidade do medio ambiente, Cofinancia proxectos en ámbitos como a recuperación de recursos dos residuos, a xestión da auga, o aire, o ruído, o chan e os produtos químicos, así como a gobernanza medioambiental. Ofrece sobre todo subvencións para proxectos que apliquen solucións innovadoras e de mellores prácticas nestes ámbitos a través dos denominados proxectos de acción estándar (SAPs). Tamén contempla a aplicación, o seguimento e a avaliación da política e a lexislación ambiental da UE a través dos denominados Proxectos Estratéxicos Integrados (PEI).
- O subprograma de Mitigación e Adaptación ao Cambio Climático contribuirá ao cambio cara a unha economía sostible, eficiente dende o punto de vista enerxético, baseada nas enerxías renovables, neutra dende o punto de vista climático e resistente, contribuíndo así ao desenvolvemento sostible.
- O subprograma LIFE Transición Enerxética Limpa ten como obxectivo facilitar a transición cara a unha economía enerxeticamente eficiente, baseada nas enerxías renovables, neutra para o clima e resiliente, mediante o financiamento de accións de coordinación e apoio en toda Europa. Trátase de accións de gran valor engadido para a UE, cuxo obxectivo é romper as barreiras do mercado que dificultan a transición socioeconómica cara á enerxía sostible, e que adoitan contar coa participación de múltiples partes interesadas de pequeno e mediano tamaño, múltiples actores, incluídas as autoridades públicas locais e rexionais e as organizacións sen ánimo de lucro, así como os consumidores.
Beneficiarios
Autoridades nacionais ou locais da UE, organizacións comerciais privadas e organizacións privadas non comerciais (por exemplo, organizacións non gobernamentais).
Orzamento e intensidade das axudas
5.430 millóns de euros (prezos de 2021).
As porcentaxes máximas de cofinanciamento no caso das accións subvencionables representarán ata o 60 % dos custos subvencionables con carácter xeral e ata o 75 % no caso de proxectos financiados dentro do subprograma Natureza e Biodiversidade.
Para as accións de apoio ao funcionamento das entidades sen ánimo de lucro que participen no desenvolvemento, a execución e o control do cumprimento da lexislación e as políticas da Unión, e cuxa actividade se desenvolva principalmente na área do medio ambiente ou da acción polo clima, incluída a transición enerxética, a porcentaxe máxima de cofinanciamento representará o 70 % dos custos subvencionables.
Observacións
O financiamento desembólsase en forma de subvencións, adquisicións e premios. Nos subprogramas de LIFE fináncianse actividades como:
- “proxectos estratéxicos de natureza” no marco do subprograma Natureza e Biodiversidade.
- “proxectos estratéxicos integrados” no marco dos subprogramas Economía Circular e Calidade de
Vida, Mitigación e Adaptación ao Cambio Climático, Transición Enerxética Limpa. - proxectos de acción normais que persigan os obxectivos específicos do Programa LIFE.
- desenvolvemento de capacidades para apoiar a eficiencia enerxética e as enerxías renovables.
- estudos, avaliación e seguimento de políticas, actividades difusión de información e coñecementos, premios, etc.
Ligazóns de interese
Puntos de información a nivel europeo
Organismo: DG ENV
Web de contacto
Puntos de información a nivel nacional ou rexional
Organismo: Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico
Web de información
Un exemplo galego
Beneficiario
Universidade de Vigo (coordinador)
Energylab (beneficiario)
Revertia (beneficiario)
Acrónimo
ECORAEE
Duración
2 de xullo de 2012 – 30 de xuño 2015
Orzamento
1.269.155 € (orzamento)
622.038 € (subvención)
Resumen
Proxecto de caracterización e demostración dun proceso de preparación industrial para a reutilización de equipos electrónicos co fin de promover normas que garantan a correcta aplicación da lexislación europea e contribúan a un alto nivel de separación de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE).