Programa Europa Dixital
INVESTIMENTOS ESTRATÉXICOS EUROPEOS

Duración
Tipo de programa
Base legal
Regulamento (UE) 2021/694 do Parlamento Europeo e do Consello do 29 de abril de 2021 polo que se establece o Programa Europa Dixital
Organismo xestor
Obxectivos
Acelerar a recuperación e impulsar a transformación dixital da UE, construír as capacidades dixitais estratéxicas da UE e facilitar o amplo despregamento das tecnoloxías dixitais, de forma que as utilicen os cidadáns da UE, as empresas e as administracións públicas da UE.
Eixes de actuación
O Programa Europa Dixital ofrece financiamento para proxectos en cinco áreas que responden aos seguintes obxectivos específicos:
- Supercomputación (HPC): despregar capacidades de supercomputación a exaescala e post- exaescala de clase mundial para garantir o máis amplo acceso e uso destas capacidades.
- Intelixencia artificial: despregar espazos de datos comúns en toda a UE baseados nunha infraestrutura federada de nube para a promoción da proba e adopción de solucións baseadas na intelixencia artificial.
- Ciberseguridade: construír capacidades avanzadas de ciberseguridade (incluída unha infraestrutura de comunicación segura cuántica para Europa); promover o intercambio de mellores prácticas e garantir un amplo despregamento das solucións de ciberseguridade máis avanzadas en toda a economía europea.
- Competencias dixitais avanzadas: impulsar a excelencia académica, aumentando a oferta educativa e a formación en tecnoloxías dixitais chave, como a HPC, a ciberseguridade e a intelixencia artificial
- Despregamento e mellor uso da capacidade dixital e interoperabilidade: despregar unha rede de Centros Europeos de Innovación Dixital (EDIH) que apoien a transformación dixital das organizacións públicas e privadas europeas que contribúan a abordar os principais retos da sociedade (por exemplo, o medio ambiente e o cambio climático) a través dun despregamento de alto impacto, e reforcen as capacidades europeas de blockchain e a transformación dixital das administracións e os servizos públicos, promovendo ao mesmo tempo un espazo dixital inclusivo e digno de confianza
Beneficiarios
A industria, as pequenas e medianas empresas, os organismos de investigación e outras entidades públicas e privadas establecidas nun Estado membro ou nun terceiro país asociado ao programa.
Orzamento e intensidade das axudas
7.590 millóns de euros (prezos de 2021).
As subvencións no marco do Programa poderán cubrir ata o 100 % dos custos elixibles.
Observacións
O programa está deseñado para salvar a distancia entre a investigación sobre tecnoloxía dixital e a súa implantación no mercado. Beneficiará aos cidadáns e ás empresas de Europa, especialmente ás pemes. O investimento no marco do Programa Europa Dixital apoia o dobre obxectivo da Unión Europea dunha transición ecolóxica e unha transformación dixital, á vez que reforza a resistencia e a soberanía dixital da Unión.
É un programa novo polo que non existen exemplos de proxectos financiados con anterioridade.
Ligazóns de interese
Puntos de información a nivel europeo
Organismo: DG CONNECT
Web de envío de consultas