Programa Espacial Europeo

ESPAZO

Horizonte Europa

Duración

2021-2027

Tipo de programa

Xestión directa

Base legal

Regulamento (UE) 2021/696 do Parlamento Europeo e do Consello do 28 de abril de 2021 polo que se crean o Programa Espacial da Unión e a Axencia da Unión Europea para o Programa Espacial

Organismo xestor

A Dirección Xeral de Industria de Defensa e Espazo (DG DEFIS) xunto coa Axencia Europea do GNSS (EUSPA), a Axencia Espacial Europea (ESA) e EUMETSAT.

Obxectivos

O programa espacial da UE financia a infraestrutura espacial e terrestre de Copérnico, Galileo, o Servizo Europeo de Navegación por Complemento Xeoestacionario (EGNOS) e o programa gobernamental de comunicacións por satélite (GOVSATCOM). Aborda os urxentes retos da sociedade investindo en tecnoloxías avanzadas e innovación, prestando servizos útiles aos cidadáns e garantindo a autonomía estratéxica e a competitividade industrial da UE.

Eixes de actuación

O Programa Espacial da UE reúne todas as actividades espaciais existentes e novas nun único programa. As grandes iniciativas desenvolvidas ata agora no ámbito espacial, Galileo e EGNOS para a navegación por satélite e Copérnico para a observación da Terra, son xa plenamente operativos e ofrecen datos e servizos gratuítos e abertos en beneficio dos cidadáns, ás empresas e ás autoridades públicas da UE.
As novas iniciativas inclúen GOVSATCOM, que proporcionará unha comunicación por satélite fiable e segura, e Space Situational Awareness, que axudará a preservar os activos do Programa Espacial da UE e a reforzar os nexos entre o espazo, a seguridade e a defensa.

Beneficiarios

Industria espacial da UE, fabricantes, empresas e start-ups; científicos e académicos, etc.

Orzamento e intensidade das axudas

14.880 millóns de euros (prezos de 2021).
A Unión poderá cubrir ata o 100 % dos custos admisibles, sen prexuízo do principio de cofinanciamento. A cantidade máxima de apoio financeiro que pode pagarse a terceiros non poderá ser superior a 200.000 euros.

Observacións

O programa proporciona financiamento en forma de subvencións e contratacións. As accións poderán implicar ou ter como obxectivo principal a contratación precomercial ou a contratación pública de solucións innovadoras, que se levará a cabo por beneficiarios que sexan poderes adxudicadores ou entidades adxudicadoras.

Ligazóns de interese

Sitio web do programa

Puntos de información a nivel europeo

Organismo: DG DEFIS
E-mail: DEFIS-02@ec.europa.eu

Convocatorias relacionadas