Programa da UE de Loita Contra a Fraude
MERCADO ÚNICO

Duración
Tipo de programa
Base legal
Regulamento (UE) 2021/785 do Parlamento Europeo e do Consello do 29 de abril de 2021 polo que se establece o Programa da Unión de Loita contra a Fraude e polo que se derroga o Regulamento (UE) n.o. 250/2014
Organismo xestor
Obxectivos
Proporcionar a coordinación necesaria das actividades antifraude e o apoio financeiro, técnico e de información aos Estados membros nos seus esforzos por protexer os intereses financeiros da UE.
Eixes de actuación
- Previr e combater a fraude, a corrupción e calquera outra actividade ilegal que afecte os intereses financeiros da Unión: o primeiro compoñente do programa ofrece aos Estados membros unha axuda específica para cumprir as súas obrigas de protección dos intereses financeiros da Unión mediante o apoio á compra de equipos específicos de loita contra a fraude, formacións específicas, conferencias e estudos específicos.
- Apoiar a notificación de irregularidades, incluída a fraude, que afecten aos fondos en réxime de xestión compartida e aos fondos de axuda de preadhesión do orzamento da Unión: en canto ao segundo compoñente, a Comisión pon á disposición dos Estados membros e mantén o Sistema de Xestión de Irregularidades para facilitar aos Estados membros e aos países candidatos o cumprimento das súas obrigas (establecidas en diversos actos lexislativos sectoriais) de notificar as irregularidades detectadas -incluída a fraude- nos casos relacionados coa xestión compartida e os fondos de axuda de preadhesión.
- Proporcionar ferramentas para o intercambio de información e apoio ás actividades operativas no ámbito da asistencia administrativa mutua en materia aduaneira e agraria: o terceiro compoñente abrangue o funcionamento e o mantemento do Sistema de Información Antifraude (que apoia a asistencia mutua dos Estados membros en materia aduaneira e agrícola); así como outras actividades apoiadas, como as operacións aduaneiras conxuntas, os cursos de formación e as reunións preparatorias ou de avaliación das accións operativas.
Beneficiarios
Autoridades públicas da UE que participan en actividades de loita contra a fraude.
Orzamento e intensidade das axudas
180 millóns de euros (prezos de 2021).
A porcentaxe de cofinanciamento das subvencións concedidas no marco do Programa non superará o 80 % dos gastos admisibles. Só se concederá financiamento por enriba deste límite en casos excepcionais e debidamente xustificados, que se fixarán nos programas de traballo aos que se refire o artigo 11, e dito financiamento non superará o 90 % dos gastos admisibles.
Observacións
Proporciona financiamento en forma de subvencións e contratacións.
Ligazóns de interese
Puntos de información a nivel europeo
Organismo: OLAF
E-mail: OLAF-FMB-HERCULE@ec.europa.eu