Política Exterior e Seguridade Común (PESC)
ACCIÓN EXTERNA
Duración
Tipo de programa
Base legal
Os artigos 21 a 46 do título V do TUE definen as “Disposicións xerais relativas á acción exterior da Unión e disposicións específicas relativas á política exterior e de seguridade común”. Os artigos do 205 ao 222 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE) tratan da acción exterior da Unión.
Organismo xestor
Obxetivos
Axudar á UE a asumir o seu papel de actor global, tal e como prevé o artigo 21 do Tratado da Unión Europea, “para preservar a paz, previr os conflitos e reforzar a seguridade internacional”, contribuíndo así a unha “Europa máis forte no mundo”.
Eixes de actuación
A PESC persegue os seus obxectivos mediante:
- Diferentes tipos de misións civís da Política Común de Seguridade e Defensa, en función do mandato do Consello, por exemplo, misións de asesoramento para a elaboración de lexislación no sector da seguridade nos países anfitrións ou misións de desenvolvemento de capacidades para a realización de actividades operativas.
- Accións relacionadas coa non proliferación e o desarmamento, levadas a cabo a través de acordos con organizacións internacionais, especialmente dentro da familia das Nacións Unidas, así como con fins específicos con outras organizacións selectas no ámbito da non proliferación e o desarmamento.
Beneficiarios
Organizacións internacionais, como o Equipo de Asesoramento en Xestión de Municións, a Misión de Asesoramento da Unión Europea en apoio da reforma do sector en Iraq -unha das 11 misións civís en curso no marco da política común de seguridade e defensa da UE- e as misións de observación electoral da UE, como a despregada en Ghana en decembro de 2020.
Orzamento e intensidade das axudas
2.680 millóns de euros (prezos de 2021).
Observacións
O financiamento desembólsase en forma de subvencións e adquisicións.
Ligazóns de interese
Puntos de información a nivel europeo
Organismo: Servizo Europeo de Acción Exterior (EEAS)
Web de contacto