Mecanismo de Transición Xusta

ACCIÓN POLO MEDIO AMBIENTE E O CLIMA

Horizonte Europa

Duración

2021-2027 (período de transición: 2021-2023)

Tipo de programa

Xestión compartida

Base legal

Regulamento (UE) 2021/1056 do Parlamento Europeo e do Consello do 24 de xuño de 2021 polo que se establece o Fondo de Transición Xusta

Organismo xestor

O Fondo de Transición Xusta aplicarase mediante unha xestión compartida pola Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana (DG REGIO), en estreita colaboración coas autoridades nacionais, rexionais e locais e as partes interesadas.

Obxetivos

Apoiar a transición cara a neutralidade climática aliviando os impactos socioeconómicos da transición nas rexións máis afectadas.

Eixes de actuación

O Mecanismo de Transición Xusta ten tres piares:

  • Fondo de Transición Xusta (FTX): proporciona axudas a medida para aliviar os custos sociais e económicos que soportan, como consecuencia da transición ecolóxica, as rexións que dependen dos combustibles fósiles e as industrias con elevadas emisións. Apoia investimentos en pemes e novas empresas, investigación e innovación, tecnoloxías enerxéticas limpas e redución de emisións, e reciclaxe profesional dos traballadores e asistencia na procura de emprego.
  • Transición xusta dentro de InvestEU. Os instrumentos financeiros de InvestEU (préstamos, garantías, investimentos en capital…) apoiarán investimentos complementarios ao FTX nas zonas de transición xusta. Tratarase de proxectos viables desde o punto de vista económico, promovidos por entidades públicas ou privadas e orientados a mellorar as infraestruturas sociais, de enerxía ou transporte, así como á diversificación económica destas zonas.
  • Mecanismo de préstamos ao sector público: apoiar proxectos que non xeren un fluxo de ingresos suficiente para cubrir os custos de investimento. Será implementado conxuntamente pola Comisión Europea e o BEI e consistirá nun compoñente de subvención por valor de ao redor de 1.525 millóns de euros do orzamento da UE e un compoñente de préstamo do BEI de até 10.000 millóns de euros, dos seus propios recursos.

Os territorios beneficiarios e as accións que recibirán o apoio do programa FTJ identificaranse nun ou varios plans territoriais de transición xusta que os Estados membros deben acordar coa Comisión Europea no marco do Semestre Europeo. Estes plans describen o proceso de transición ata 2030 dos territorios que vaian sufrir as maiores perdas de emprego previstas, así como a transformación das instalacións industriais con maior intensidade de gases de efecto invernadoiro. Os plans detallarán os retos sociais, económicos e ambientais destas zonas, así como as necesidades de diversificación económica, recualificación e rehabilitación ambiental.

Beneficiarios

Autoridades nacionais e locais; empresas e empresas emerxentes nas rexións onde a magnitude e o impacto da transición climática son maiores. En Galicia hai dúas zonas afectadas polo peche das centrais térmicas das Pontes e Meirama que inclúen 19 municipios e un impacto no emprego que se achega ós 1.800 postos de traballo.

Orzamento e intensidade das axudas

8.450 millóns de euros + 10.870 millóns de euros de NextGenerationEU (prezos de 2021).
España recibirá 868,7 millóns de euros xestionados de maneira compartida entre as comunidades autónomas (94%) e o Instituto de Transición Xusta.
As porcentaxes de cofinanciamento aplicables varían entre o 50-85 % segundo o tipo de rexión: a) o 85 % para as rexións menos desenvolvidas; b) o 70 % para as rexións en transición como é o caso de Galicia; c) o 50 % para as rexións máis desenvolvidas.

Observacións

O financiamento desembólsase en forma de subvencións, contratacións e instrumentos financeiros.

Puntos de información a nivel europeo

Organismo: DG REGIO
E-mail: regio-a2-communication@ec.europa.eu