Mecanismo de Protección Civil (rescEU)
RECUPERACIÓN E RESILIENCIA
Duración
Tipo de programa
Base legal
Regulamento (UE) 2021/836 do Parlamento Europeo e do Consello do 20 de maio de 2021 polo que se modifica a Decisión n.o. 1313/2013/UE relativa a un Mecanismo de Protección Civil da Unión
Organismo xestor
Dirección Xeral de Asuntos Económicos e Financeiros (DG ECFIN)
Obxetivos
Reforzar a cooperación entre a UE e os seus Estados membros no eido da protección civil, para mellorar tanto a protección fronte ás catástrofes como a xestión dos riscos actuais e emerxentes. Tamén fomenta a cooperación internacional en materia de protección civil.
Eixes de actuación
O Mecanismo de Protección Civil da Unión comprende tres tipos de actividades:
- Prevención: as actividades de prevención e preparación mitigan os efectos das catástrofes. Un programa de formación para expertos en protección civil dos estados membros da UE e dos estados participantes garante a compatibilidade e a complementariedade entre os equipos de intervención, mentres que os exercicios a gran escala adestran as capacidades para catástrofes específicas cada ano.
- Preparación: coa reforma de 2019, a Comisión propuxo rescEU como parte das accións de preparación no marco do mecanismo da unión. rescEU é unha reserva europea de capacidades que inclúe unha frota de avións e helicópteros de extinción de incendios, avións de evacuación médica, así como unha reserva de equipos médicos e hospitais de campaña que poden responder a emerxencias sanitarias.
- Resposta: despois dunha solicitude de asistencia por parte dun estado membro ou un terceiro país a través do mecanismo da Unión, o Centro de Coordinación da Resposta a Emerxencias (ERCC) mobiliza a asistencia ou os coñecementos técnicos. Ademais, o ERCC supervisa os acontecementos en todo o mundo as 24 horas do día e garante o rápido despregamento da axuda de emerxencia a través dunha conexión directa coas autoridades nacionais de protección civil. Os equipos especializados e o material poden ser mobilizados a curto prazo para o seu despregamento dentro e fóra de Europa.
Beneficiarios
Entidades públicas e privadas da UE, corpos nacionais de protección civil, organizacións sanitarias, empresas, etc.
Orzamento e intensidade das axudas
1.260 millóns de euros, + 2.060 millóns de euros de NextGenerationEU (prezos de 2021).
Observacións
Os activos de rescEU son acollidos polos Estados membros e os estados participantes, e financiados polo orzamento da UE en forma de subvencións e adquisicións.
Ligazóns de interese
Puntos de información a nivel europeo
Organismo: European Civil Protection and Humanitarian Aid Operations
Web de contacto
Puntos de información a nivel nacional ou rexional
Organismo: Ministerio del Interior
Web de contacto