InvestEU

INVESTIMENTOS ESTRATÉXICOS EUROPEOS

Horizonte Europa

Duración

2021-2027

Tipo de programa

Xestión indirecta e directa

Base legal

Regulamento (UE) 2021/523 do Parlamento Europeo e do Consello do 24 de marzo de 2021 polo que se establece o Programa InvestEU e se modifica o Regulamento (UE) 2015/1017

Organismo xestor

Os fondos execútanse en réxime de xestión indirecta a través do Banco Europeo de Investimentos (BEI) e outros socios financeiros.

Obxectivos

Levar a cabo en toda a UE investimentos nas seguintes áreas: infraestruturas sostibles, investigación e innovación, dixitalización, pequenas e medianas empresas, empresas de mediana capitalización, investimento social e adquisición de competencias no mercado de traballo. A Dirección Xeral de Asuntos Económicos e Financeiros (DG ECFIN) lidera dentro da Comisión Europea.

Eixes de actuación

O Programa InvestEU consta de 3 bloques:

  • Fondo InvestEU: combina 13 instrumentos financeiros da UE xestionados ata 2021 de forma centralizada, así como o anterior Fondo Europeo para Investimentos Estratéxicos. Desta forma, o Fondo InvestEU conta cunha gran capacidade financeira e cun único conxunto de requisitos que se aplica ao longo de todo o ciclo de financiamento en beneficio dos destinatarios finais e os intermediarios financeiros. Grazas ao seu carácter centralizado, InvestEU pretende cumprir os obxectivos políticos da UE, minimizar os solapamentos e garantir as sinerxías.
  • Centro de Asesoramiento de InvestEU: constitúe o punto central de entrada para entidades que busquen apoio de asesoramento e asistencia técnica en relación cos fondos de investimento da UE xestionados de forma centralizada, poñendo en contacto aos promotores e intermediarios de proxectos coas entidades asesoras asociadas, que colaboran de forma directa para axudar a que os proxectos cheguen á fase de financiamento. O Centro de Asesoramento InvestEU complementa ó Fondo InvestEU apoiando a identificación, preparación e desenvolvemento de proxectos de investimento en toda a Unión Europea.
  • Portal InvestEU: o Portal InvestEU permite aos promotores de proxectos chegar a investidores aos que non poderían acceder doutro xeito. O Portal continúa o labor iniciado co Portal Europeo de Proxectos de Investimento (PEPI) e é o “mercado” en liña da UE que conecta aos promotores de proxectos con sede na UE con investidores de todo o mundo. Ofrece aos promotores de proxectos máis opcións para financiar os seus proxectos.

Beneficiarios

Investidores públicos e privados, promotores de proxectos, pequenas e medianas empresas (pemes) e empresas de mediana capitalización (midcaps), provedores de servizos e receptores de microfinanciamento.

Orzamento e intensidade das axudas

3.070 millóns de euros, + 6.070 millóns de euros de NextGenerationEU +1.140 millóns de euros procedentes das multas impostas pola UE por incumprimento das normas en materia de Competencia (prezos de 2021)

Observacións

O programa proporciona financiamento a través das entidades financeiras asociadas en forma de préstamos, garantías, contragarantías, instrumentos do mercado de capitais, calquera outra forma de financiamento ou instrumento de mellora crediticia, ou investimentos en capital.
Os promotores de proxectos deben presentar a súa solicitude directamente ao BEI ou a un dos [outros] socios executores, en canto a garantía de InvestEU estea dispoñible. Isto indícase no sitio web de InvestEU.
As pemes e as pequenas empresas de mediana capitalización, as microempresas e as empresas sociais tamén poden presentar a súa solicitude a través dos intermediarios financeiros que asinaron un acordo co BEI. A relación destes intermediarios en España pode atoparse no sitio web:
www.access2finance.eu.

Convocatorias relacionadas