Interreg Espazo Atlántico

programa de cooperación trasnacional

Horizonte Europa

Duración

2021-2027

Tipo de programa

Xestión indirecta

Base legal

Regulamento (UE) 2021/1059 do Parlamento Europeo e do Consello do 24 de xuño de 2021 sobre disposicións específicas para o obxectivo de cooperación territorial europea (Interreg) que recibe apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e dos instrumentos de financiamento exterior

Organismo xestor

Dirección Xeral de Fondos Comunitarios (Ministerio de Facenda); Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos (Xunta de Galicia); Goberno de Cantabria (España)

Obxectivos

As autoridades nacionais acordaron seleccionar para o próximo Programa de Cooperación no Espazo Atlántico tres dos cinco obxectivos políticos da política rexional 21-27 e un Obxectivo Específico Interreg: (1) “unha Europa máis intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente; (2) “unha Europa máis verde e baixa en carbono, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a adaptación ao cambio climático e a prevención e a xestión de riscos”; (3) “unha Europa máis social”; (4) “unha mellor gobernanza para o Espazo Atlántico”.

Eixes de actuación

Establécense tres prioridades para Espazo Atlántico 2021-2027. Cada prioridade asóciase a un dos obxectivos políticos anteriores:

  • Innovación azul para a competitividade
  • Medio azul
  • Turismo e cultura sostible

Beneficiarios

Entidades públicas e privadas da fachada atlántica de Francia, España e Irlanda, e de todo Portugal

Orzamento e intensidade das axudas

141 millóns de euros (75% financiado por FEDER). A intensidade da axuda máxima é do 80%.

Observacións

Interreg Espazo Atlántico apoia proxectos de carácter transnacional que conten con, polo menos, tres socios situados na zona cuberta polo Programa (fachada atlántica de España, Francia, Irlanda e todo Portugal, incluíndo as illas Azores, Madeira e as Illas Canarias). Os proxectos deben encadrarse nun dos eixes de actuación do Programa.

Ligazóns de interese

Sitio web do programa

Puntos de información a nivel europeo

Organismo: Comissão de Coordenação e
Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N)
E-mail: ma@atlanticarea.eu

Puntos de información a nivel nacional ou rexional

Organismo: Dirección Xeral de Proxectos e Fondos Europeos
E-mail: maria.mar.estevez.mosquera@xunta.gal

Un exemplo galego

Beneficiario

USC (beneficiario principal)
Deputación de Pontevedra (beneficiario)
CIFGA (beneficiario)

Acrónimo

AGRITOX

Duración

1 de abril de 2019 – 30 de xuño de 2022

Orzamento

1,954,138.80 € (orzamento)
1.465.604,10 € (subvención)

Resumen

O principal obxectivo de Agritox é proporcionar ás industrias alimentarias e de pensos do Espazo Atlántico información e solucións técnicas para evitar a contaminación por micotoxinas, cuestión cada vez máis relevante debido á influencia do cambio climático. O consorcio está dirixido polo profesor Luís Botana e os científicos do grupo de investigación Farmatox, con sede na Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Campus de Lugo.

Convocatorias relacionadas