Interreg POCTEP
programa de cooperación transfronteriza

Duración
Tipo de programa
Base legal
Regulamento (UE) 2021/1059 do Parlamento Europeo e do Consello do 24 de xuño de 2021 sobre disposicións específicas para o obxectivo de cooperación territorial europea (Interreg) que recibe apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e dos instrumentos de financiamento exterior
Organismo xestor
Obxectivos
As autoridades nacionais de España e Portugal acordaron seleccionar para o Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg España-Portugal 21-27 un total de catro Obxectivos Políticos e un Obxectivo Específico Interreg: (1) “unha Europa máis intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente”; (2) “unha Europa máis verde e baixa en carbono, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a adaptación ao cambio climático e a prevención e a xestión de riscos”; (3) “unha Europa máis social, mediante a aplicación do piar europeo de dereitos sociais”; (4) “unha Europa máis próxima aos seus cidadáns, fomentando o desenvolvemento integrado e sostible das zonas urbanas, rurais e costeiras e as iniciativas locais; (5), “unha mellor gobernanza Interreg”.
Eixes de actuación
Detállanse a continuación os eixes de actuación sobre os que se desdobran obxectivos específicos e tipos de accións:
- Fortalecer o espazo transfronteirizo aproveitando o potencial da cooperación para mellorar a competitividade empresarial, consolidar o ecosistema científico e tecnolóxico, e fomentar a dixitalización.
- Fomentar a cooperación para maximizar o aproveitamento dos recursos endóxenos do territorio e o desenvolvemento de sectores chave, avanzando na especialización intelixente.
- Impulsar a transición ecolóxica e a adaptación ao cambio climático do espazo transfronteirizo a través da cooperación como ferramenta para fomentar as economías verde e azul.
- Protexer e conservar a biodiversidade nos espazos naturais e valorizar os ecosistemas naturais e o medio ambiente urbano do espazo transfronteirizo a través da cooperación.
- Potenciar a cooperación para o desenvolvemento de condicións de vida atractivas no espazo fronteirizo en termos de inclusión social, de igualdade de oportunidades e de acceso a servizos públicos transfronteirizos.
- Impulsar a través da cooperación transfronteiriza o desenvolvemento de estratexias multisectoriais de desenvolvemento integrado e sostible.
- Superar os obstáculos fronteirizos mediante a aplicación dun enfoque transformador de gobernanza multinivel á cooperación transfronteiriza.
Beneficiarios
Organismos públicos e entidades privadas sen ánimo de lucro; entidades privadas con e sen ánimo de lucro activas nalgún dos seguintes eidos: investigación e innovación, dixitalización, desenvolvemento de capacidades, eficiencia enerxética, enerxías renovables, medio ambiente, protección e uso sostible dos recursos naturais, mellora do mercado laboral e a formación e mellora da sanidade.
Orzamento e intensidade das axudas
427,5 millóns de euros (75% cofinanciado polo FEDER) A intensidade da axuda máxima é do 80%.
Observacións
Interreg POCTEP apoia proxectos de carácter transfronteirizo, que contan con, polo menos, dous beneficiarios de Estados membros diferentes. Os proxectos deben estar encadrados nunha única prioridade, ter un enfoque baseado en resultados e resultar compatibles coas políticas nacionais e comunitarias.
Ligazóns de interese
Puntos de información a nivel europeo
Organismo: DG REGIO
E-mail: regio-a2-communication@ec.europa.eu
Puntos de información a nivel nacional ou rexional
Organismo: Subdirección General de Cooperación Territorial Europea
E-mail: fondoscomunitarios@sepg.minhap.es
Un exemplo galego
Beneficiario
AGACAL (beneficiario principal)
Consellería do Medio Rural (beneficiario)
Instituto de Estudos do Territorio (beneficiario)
Universidade de Santiago de Compostela (USC) (beneficiario)
Asociación Forestal de Galicia (beneficiario)
Acrónimo
FORVALUE
Duración
1 de xaneiro de 2018 – 5 de abril de 2022
Orzamento
1.370.130,15 € (orzamento)
1.027.597,62 € (subvención)
Web
Resumen
Proxecto encadrado dentro do eixe “Prevención de riscos e mellora da xestión dos recursos naturais”, cuxo obxectivo é aumentar a resiliencia do territorio fronte ao risco de incendios forestais nun contexto de cambio social e climático promovendo modelos de xestión innovadores, fomentando a implantación de fórmulas asociativas e favorecendo a coordinación transfronteiriza