Interreg Europe
DESENVOLVEMENTO REXIONAL E COHESIÓN
Programa de cooperación interrexional
Duración
Tipo de programa
Base legal
Regulamento (UE) 2021/1059 do Parlamento Europeo e do Consello do 24 de xuño de 2021 sobre disposicións específicas para o obxectivo de cooperación territorial europea (Interreg) que recibe apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e dos instrumentos de financiamento exterior
Organismo xestor
Obxectivos
Interreg Europe promove proxectos de cooperación entre diferentes áreas de Europa, dando cobertura a todo o territorio da Unión Europea cos seus 27 Estados membros, así como Noruega e Suíza.
O seu obxectivo é mellorar a aplicación das políticas de desenvolvemento rexional, promovendo o intercambio de experiencias, os enfoques innovadores e o desenvolvemento de capacidades en relación coa identificación, a difusión e a transferencia de boas prácticas entre os axentes da política rexional. Os beneficiarios poden cooperar en todos os temas de relevancia compartida en función das súas necesidades rexionais, sempre que estean encadrados no eido da política de cohesión.
Eixes de actuación
Interreg Europe establece unha prioridade de actuación: reforzar as capacidades institucionais para lograr políticas de desenvolvemento rexional máis eficaces, e un obxectivo específico: mellorar a capacidade institucional das autoridades públicas, en particular as que teñen o mandato de xestionar un territorio específico, así como de outras partes interesadas.
Interreg Europe apoia dous tipos de accións complementarias:
- Proxectos de cooperación interrexional.
- Unha Plataforma de Aprendizaxe para o desenvolvemento de políticas públicas.
Beneficiarios
Orzamento e intensidade das axudas
Orzamento e intensidade das axudas
O orzamento total do programa é de 474.353.337 € A intensidade da axuda máxima é do 80%.
Ligazóns de interese
Puntos de información a nivel europeo
Organismo: Secretaría Conxunta Interreg
Europe (Lille, France)
Web de contacto
Puntos de información a nivel nacional ou rexional
Organismo: Ministerio de Facenda e Función Pública. María Teresa Tello Naya
Web de contacto
Un exemplo galego
Beneficiario
GAIN (beneficiario)
Acrónimo
MARIE
Duración
1 de xaneiro de 2017 – 31 de decembro de 2021
Orzamento
1.906.85,5€ (orzamento)
1.620.826,75€ (subvención)
Resumen
O obxectivo de MARIE é mellorar as políticas públicas de apoio á aplicación da Investigación e Desenvolvemento Responsables (RRI) ao deseño, a produción e a distribución de produtos, procesos e servizos das empresas, a través de 3 tipos de accións de apoio: cuádruplo hélice, innovación aberta, información e ferramentas para a aplicación da RRI.