Iniciativa Urbana Europea

DESENVOLVEMENTO REXIONAL E COHESIÓN (FEDER)

Horizonte Europa

Duración

2021-2027

Tipo de programa

Xestión directa e indirecta

Base legal

Artigo 12 do Regulamento (UE) 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello do 24 de xuño de 2021 relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión

Organismo xestor

Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana (DG REGIO).

Obxectivos

A iniciativa ten coma obxectivo fortalecer os enfoques integrados e participativos do desenvolvemento urbano sostible. Para iso, facilitarase e apoiarase o desenvolvemento de capacidades dos axentes urbanos, as accións innovadoras, o intercambio de boas prácticas e a comunicación no eido do desenvolvemento urbano sostible.

Eixes de actuación

A Iniciativa Urbana Europea, (IUE) constará de tres capítulos:

  • Apoio ao desenvolvemento de capacidades das cidades, facilitando e apoiando a cooperación e o desenvolvemento de capacidades dos actores urbanos. Este capítulo baséase na iniciativa URBACT e a Rede de Desenvolvemento Urbano (UDN) (20% do orzamento).
  • Apoio de actividades innovadora no eido do desenvolvemento urbano sostible, que sexan transferibles e escalables. Este capítulo baséase nas Accións Innovadoras Urbanas (AIU) do período 14-20 (60% do orzamento).
  • Apoio ao coñecemento, a elaboración e desenvolvemento de políticas e a comunicación na área do desenvolvemento urbano sostible. Os coñecementos prácticos, as experiencias e as leccións aprendidas capitalizaranse, compartiranse e difundiranse cos puntos de contacto nacionais e a través de talleres, conferencias e medios dixitais. Este capítulo prestará tamén apoio para a participación das autoridades locais nas asociacións temáticas desenvolvidas no marco da Axenda Urbana para a UE (20% do orzamento).

Beneficiarios

Entidades públicas e privadas, activas en materia de desenvolvemento urbano, con especial atención ás rexións e zonas desfavorecidas, en particular as zonas rurais e as que sofren desvantaxes naturais ou demográficas e as rexións ultraperiféricas.

Orzamento e intensidade das axudas

500 millóns de euros procedentes de FEDER (prezos de 2021).

Observacións

As medidas adoptadas no marco da Iniciativa Urbana Europea deben promover as conexións entre as zonas urbanas e rurais dentro das chamadas “zonas urbanas funcionais”. A cooperación coa Rede Europea de Desenvolvemento Rural reviste unha especial importancia a este respecto

Puntos de información a nivel europeo

Organismo: DG REGIO
E-mail:
regio-a2-communication@ec.europa.eu

Puntos de información a nivel nacional ou rexional

Organismo: Subdirección Xeral de Xestión do Feder e FCI
E-mail: dxpolfinanceira@xunta.gal

Convocatorias relacionadas