Horizonte Europa

investigación e innovación

Horizonte Europa

Duración

2021-2027

Tipo de programa

Xestión directa

Base legal

Regulamento (UE) 2021/695 do Parlamento Europeo e do Consello do 28 de abril de 2021 polo que se crea o Programa Marco de Investigación e Innovación «Horizonte Europa

Organismo xestor

O programa é executado directamente pola Comisión ou a través de varias axencias executivas.
A Axencia Executiva Europea de Investigación (EREA) xestiona as accións Marie Skłodowska-Curie (MSCA) e as infraestruturas de investigación do Piar I de Horizonte Europa, do bloque “Cultura, creatividade e sociedade inclusiva” do Piar II, do bloque “Seguridade civil para a sociedade” e do bloque “Recursos alimentarios, bioeconomía, recursos naturais, agricultura e medio ambiente”, así como do programa horizontal “Ampliar a participación e reforzar o Espazo Europeo de Investigación”.
A Axencia Executiva do Consello Europeo de Investigación (ERCEA) implementa a estratexia e subvencións de Consello Europeo de Investigación (ERC).
A Axencia Executiva para o Consello Europeo de Innovación e as Pemes (EISMEA) encárgase das actividades do Consello Europeo de Innovación (EIC) e dos programas relacionados coas pequenas e medianas empresas.
Por último, a Axencia Executiva Europea de Clima, Infraestruturas e Medio Ambiente (CINEA) seguirá o bloque “Clima, enerxía e mobilidade” do Piar II.

Obxectivos

Horizonte Europa é o programa cadro da UE para a investigación e a innovación: promove a excelencia da investigación e proporciona apoio aos mellores investigadores e innovadores para impulsar os cambios sistémicos necesarios para lograr unha UE verde, saudable e resiliente.

Eixes de actuación

Horizonte Europa divídese en tres piares principais e un piar transversal, que se corresponden coas súas principais prioridades:

  • Piar 1, “Ciencia excelente”: busca aumentar a competitividade científica mundial da UE. Apoia proxectos de investigación de fronteira definidos e impulsados por destacados investigadores a través do Consello Europeo de Investigación, financia bolsas para investigadores experimentados, redes de formación de doutoramento e intercambios de investigadores a través das accións Marie Skłodowska-Curie, e inviste en infraestruturas de investigación de categoría mundial.
  • Piar 2, Desafíos mundiais e competitividade industrial europea: apoia a investigación relacionada cos desafíos sociais e reforza as capacidades tecnolóxicas e industriais a través de seis áreas temáticas, tamén chamadas “clústeres”, que incentivan individualmente e en conxunto a cooperación interdisciplinar, intersectorial, transversal, transfronteiriza e internacional:
  1. Saúde;
  2. Cultura, creatividade e sociedade inclusiva;
  3. Seguridade civil para a sociedade;
  4. Mundo dixital, industria e espazo;
  5. Clima, enerxía e mobilidade;
  6. Recursos alimentarios, bioeconomía, recursos naturais, agricultura e medio ambiente;

Como novidade, establécense as “misións da UE”, unha nova forma de achegar solucións concretas a algúns dos nosos maiores retos. Teñen obxectivos ambiciosos e ofrecerán resultados concretos para 2030. As misións da UE son un esforzo coordinado da Comisión para poñer en común os recursos necesarios en termos de programas de financiamento, políticas e regulamentos, así como outras actividades. Tamén pretenden mobilizar e activar aos axentes públicos e privados, como os Estados membros da UE, as autoridades rexionais e locais, os institutos de investigación, os agricultores e os xestores de terras, os empresarios e os investidores para crear un impacto real e duradeiro. As misións integran a participación cidadá para impulsar a adopción de novas solucións e enfoques.

Finalmente, o Piar 2 tamén inclúe as actividades do Centro Común de Investigación (JRC, polas súas siglas en inglés) que ofrece aos responsables políticos, nacionais e da UE, datos científicos independentes e apoio técnico.

  • Piar 3, Europa innovadora: busca facer a Europa líder en innovación a través do novo Consello Europeo de Innovación (EIC, polas súas siglas en inglés), que apoia as innovacións de carácter potencialmente disruptivo que poidan ser demasiado arriscadas para os investidores privados, destinando un 70 % do orzamento ás pemes. Constitúe o portelo único de Horizonte Europa para todo tipo de innovadores, dende particulares ata universidades, organizacións de investigación e empresas (pemes, incluídas start-up e, en casos excepcionais, pequenas mid-caps). Conta cos seguintes instrumentos:
    • Explorador: outorgará subvencións a proxectos de vangarda de alto risco que exploren áreas novas e co obxectivo de converterse en potenciais tecnoloxías radicalmente innovadoras do futuro e novas oportunidades de mercado.
    • Transición: destinada a validar tecnoloxías e actividades innovadoras que vaian máis aló do principio de proba no laboratorio e a desenvolver plans de negocio para aplicacións específicas cara á súa futura comercialización.
    • Acelerador: proporcionará principalmente apoio ao escalado e o despregamento dos novos mercados en forma de financiamento combinado (blended finance) do EIC. O financiamento combinado do EIC é unha combinación de subvención ou anticipo reembolsable (para cubrir actividades de innovación) e apoio ao investimento en capital (equity) ou outras formas como notas convertibles, préstamos, garantías, etc. para o despregamento efectivo no mercado, de maneira que non desprace os investimentos privados nin provoque distorsións competitivas no mercado.

O Piar 3 tamén contribúe ao desenvolvemento do panorama xeral da innovación europea a través do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía, que fomenta a integración do triángulo do coñecemento formado pola educación, a investigación e a innovación nas chamadas Comunidades de Coñecemento e Innovación (KIC polas súas siglas en inglés).

  • Piar transversal “Ampliar a participación e fortalecer o Espazo Europeo de Investigación (EEI)”: aumenta o apoio aos Estados membros da UE nos seus esforzos por tirar o máximo proveito do seu potencial de investigación e innovación.

Beneficiarios

O programa está aberto a todo tipo de beneficiarios: científicos e académicos, organizacións de investigación, universidades, industria, pequenas e medianas empresas, estudantes, etc.

Orzamento e intensidade das axudas

O Fondo Europeo Marítimo e de Pesca contará con 6.400 millóns de euros para o período financeiro 2014 e 2020.

O orzamento total do programa é de 95.500 millóns de euros (incluídos 5.410 millóns de euros de NextGenerationEU) (prezos de 2021).
Porcentaxe única de financiamento fixado no programa de traballo: 100% dos custos no caso das Acción de Investigación e Innovación (RIA) e das Acción de Coordinación e Apoio (CSA), 70% para Accións de Innovación (IA) -excepto no caso das entidades sen ánimo de lucro, para as que abrangue o 100%- e entre o 30 e o 70% das accións dos programas cofinanciados entre a UE e os Estados membros.
Os custos indirectos subvencionables determinaranse aplicando un tipo fixo do 25 % do total dos custos directos subvencionables.

Observacións

Horizonte Europa representa un aumento do 30 % a prezos constantes con respecto ao anterior programa de investigación e innovación, Horizonte 2020.

Novos elementos en Horizonte Europa

  • Misións:
    •  Adaptación ao cambio climático: capacitar á cidadanía, ás comunidades e ás rexións europeas para xestionar eventos e riscos asociados ao clima.
    • Cancro: acadar avances na seguinte década que permitan salvar polo menos 3 millóns de vidas en Europa.
    • Auga e Océanos: restaurar os nosos océanos e augas para 2030.
    • Cidades: acadar a neutralidade climática de 100 cidades europeas en 2030.
    • Chan e Alimentos: conseguir para o ano 2030 que polo menos o 75 % de todos os solos europeos sexan saudables.
  • Política de ciencia aberta: o acceso aberto obrigatorio ás publicacións e os principios da ciencia aberta aplícanse en todo o programa.
  • Novo enfoque das Asociacións Europeas (Partenariados): máis ambiciosas e orientadas a reducir a fragmentación do esforzo de investigación en Europa. Todas as asociacións baséanse en Axendas Estratéxicas de Investigación e Innovación (SRIA polas súas siglas en inglés) propias, e aceptadas por todos os participantes en cada asociación. En definitiva, son iniciativas nas que a UE, xunto con socios privados e/ou públicos, comprométense a apoiar conxuntamente o desenvolvemento e implementación dun programa de actividades de investigación e innovación. Hai tres tipos:
    • Institucionalizadas: os seus programas de investigación e innovación xestiónanse por estruturas comúns de xestión con personalidade xurídica propia creadas a tal fin, xa sexa polos Estados membros ou pola UE
    • Coprogramadas: nelas participan a CE e entidades públicas e/ou privadas sobre a base dun memorando de entendemento e/ou acordo contractual. Contan con financiamento da UE, que será xestionada a través de convocatorias específicas no programa de traballo de Horizonte Europa, e fondos das entidades públicas e privadas participantes, que serán responsables de implementar os seus compromisos e xestionar as súas contribucións propias ao programa.
    • Cofinanciadas: son seleccionadas mediante convocatorias para unha acción de cofinanciamento publicadas no programa de traballo de Horizonte Europa. Os participantes son na súa maioría axencias financiadoras dos países membros da UE, países asociados e nalgunhas ocasións, países terceiros.

As asociacións europeas están conectadas dende un punto de vista temático aos clústeres, e todas contan cun Plan de Traballo anual.

  • Cascade funding: segue gañando protagonismo no novo período o cascade funding, tamén coñecido como apoio financeiro a terceiras partes (FSTP, polas súas siglas en inglés). Trátase dun mecanismo da Comisión Europea para distribuír fondos públicos co fin de axudar (principalmente) ás empresas de nova creación, ás empresas en fase de expansión e ás pemes na adopción e desenvolvemento de innovación dixital e na realización de experimentos innovadores. Este esquema, introducido por primeira vez en H2020, ten como obxectivo simplificar os procedementos administrativos para os beneficiarios, que poden participar a través de convocatorias abertas con sistemas de solicitude sinxelos. Concretamente, o cascade funding conta cunha presenza destacada dentro das convocatorias do clúster 4 e clúster 6, así como tamén con presenza relevante no clúster 3 e no Piar transversal “Ampliar a participación e fortalecer o Espazo Europeo de Investigación (EEI”).

Puntos de información a nivel nacional ou rexional

Almudena Agüero
Coordinadora nacional dos puntos nacionais de contacto en España
Ministerio de Ciencia e Innovación (MCIN)
agentesheu@ciencia.gob.es

Listaxe de todos os puntos de contacto (NCP) en España

Javier García
Coordinador nacional dos puntos nacionais de contacto en España
CDTI
javier.garcia@cdti.es

Un exemplo galego

Beneficiario

AIMEN (Coordinador)

Acrónimo

PULSATE

Duración

1 de setembro 2020 – 31 de agosto de 2024

Orzamento

8.127.492,50 € (presupuesto) 7.999.272 € (subvención)

Resumo

As tecnoloxías de fabricación avanzada e aditiva baseadas en láser (LBAAM) xogan un importante papel no fomento da produción dixital e ofrecen importantes vantaxes ás empresas que as adoptan. Con todo, barreiras como os elevados custos de investimento, a complexidade da tecnoloxía e a integración de sistemas e a concienciación dificultan a súa adopción por parte das pemes. O proxecto PULSATE, financiado pola UE, pretende mitigar estas barreiras para impulsar a adopción das tecnoloxías LBAAM por parte das pemes e promover o desenvolvemento de equipos e solucións baseadas no láser que resulten axeitados para as pemes. Para iso, creará unha rede de ámbito europeo. PULSATE conectará os centros de innovación dixital para abordar os desafíos que actualmente obstaculizan a adopción da tecnoloxía LBAAM. Os resultados do proxecto contribuirán a aumentar a competitividade das pemes europeas.

Convocatorias relacionadas

Premios da UE para mulleres innovadoras
Segunda rolda de convocatorias Horizonte Europa no eido da Cultura
Segunda rolda de convocatorias Horizonte Europa no eido da Cultura