Fondo Social Europeo+ (FSE+)

INVESTIR NAS PERSOAS, COHESIÓN SOCIAL E VALORES

Horizonte Europa

Duración

2021-2027

Tipo de programa

Xestión compartida y gestión directa

Base legal

Regulamento (UE) 2021/1057 do Parlamento Europeo e do Consello do 24 de xuño de 2021 polo que se establece o Fondo Social Europeo Plus (FSE+)

Organismo xestor

O FSE+ aplícase en xestión compartida, directa e indirecta. Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión (DG EMPL) lidera por parte da Comisión.

Obxetivos

O Fondo Social Europeo Plus (FSE+) é o principal instrumento financeiro para o fomento de investimentos aliñados co Obxectivo Político 4: “Unha Europa máis social en aplicación ao Piar Europeo de Dereitos Sociais”. O FSE+ xunta catro instrumentos de financiamento que estaban separados no período de programación anterior: o Fondo Social Europeo (FSE), o Fondo de Axuda Europea para as Persoas Máis Desfavorecidas (FEAD), a Iniciativa de Emprego Xuvenil (IEJ), e o programa da UE para o Emprego e a Innovación Social (EaSI).
O FSE+ contribúe ás políticas de emprego, sociais, educativas e de capacitación da UE, incluídas as reformas estruturais nestes ámbitos Tamén constitúe unha das pedras angulares da recuperación socioeconómica da UE trala pandemia do coronavirus. Como parte da política de cohesión, o FSE+ tamén continuará a súa misión de apoiar a cohesión económica, territorial e social na UE, reducindo as disparidades entre os Estados membros e as rexións.

Eixes de actuación

O FSE+ consta de dous capítulos:

  • As intervencións descritas nos programas nacionais e rexionais, en educación e formación profesional, políticas activas do mercado laboral, desenvolvemento de capacidades dos servizos públicos de emprego, actividades de inclusión social, distribución de alimentos e bens, etc. No apartado de Ligazóns de interese inclúese o acceso á Estratexia FSE+ do Goberno de España.
  • EaSI é un instrumento de financiamento a nivel europeo xestionado directamente pola Comisión para apoiar o emprego, a política social e a mobilidade laboral en toda a UE.

Beneficiarios

Ampla gama de organizacións, tanto do sector público como do privado; nomeadamente, autoridades rexionais e locais, empresas sociais, asociacións transfronteirizas, así como interlocutores sociais e organizacións da sociedade civil.

Orzamento e intensidade das axudas

99.260 millóns de euros (prezos de 2021).
O capítulo en réxime de xestión compartida conta cun orzamento de aproximadamente 98.500 millóns de euros.
O capítulo de Emprego e Innovación Social (EaSI) conta cun orzamento de preto de 762 millóns de euros.
As taxas de cofinanciamento varían entre o 50 % e o 85 % (95 % en casos excepcionais) dos custos totais dos proxectos.

Observacións

O financiamento desembólsase en forma de subvencións, adquisicións e instrumentos financeiros
O capítulo de Emprego e Innovación Social (EaSI) do FSE+ apoia as actividades analíticas (enquisas, estudos, datos estatísticos, metodoloxías, clasificacións, microsimulacións, indicadores, apoio aos observatorios e puntos de referencia a nivel europeo) para promover a elaboración de políticas, fundamentadas en datos, nos eidos do emprego e a política social.
EaSI tamén apoia ensaios, experimentacións sociais e solucións innovadoras co obxectivo de transferir e ampliar boas prácticas, así como o desenvolvemento do ecosistema de mercado relacionado co microfinanciamento para as microempresas e a aparición dun mercado de investimento social.
No marco de EaSI , a sociedade civil, as administracións, as institucións de seguridade social e os servizos de emprego, así como as institucións de microfinanciamento e as institucións que proporcionan financiamento ás empresas sociais ou a outros actores do investimento social, poden beneficiarse de actividades de creación de redes e de desenvolvemento de capacidades na cooperación transnacional.
Para contrarrestar as deficiencias do mercado laboral e desenvolver un mercado laboral integrado na UE, fináncianse iniciativas de cooperación transnacional, asociacións transfronteirizas e servizos en rexións transfronteirizas, así como plans de mobilidade laboral específicos a escala da UE co fin de cubrir as vacantes nas que se detectaron “desequilibrios” nos mercados laborais.
As actividades de comunicación e difusión son tamén unha parte crucial do programa, especialmente a aprendizaxe mutua a través do intercambio de boas prácticas, os enfoques innovadores, as revisións por pares e a avaliación comparativa, pero tamén as guías de eventos, os informes, o material informativo e a cobertura mediática.
A Comisión Europea executa o capítulo EaSI mediante subvencións e contratacións públicas. As actividades que se financian defínense nun programa de traballo que pode consultarse no apartado de Ligazóns de interese, e no sitio web de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión

Puntos de información a nivel europeo

Organismo: DG EMPL
E-mail: EMPL-F1-UNIT@ec.europa.eu
Para consultas relacionadas con EaSI: E-mail: EMPL-EaSI@ec.europa.eu

Puntos de información a nivel nacional ou rexional

Organismo: Unidade Administradora do FSE (UAFSE)
Web de contacto