Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

DESENVOLVEMENTO REXIONAL E COHESIÓN

Horizonte Europa

Duración

2021-2027

Tipo de programa

Xestión compartida

Base legal

Regulamento (UE) 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello do 24 de xuño de 2021 relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión

Organismo xestor

Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana (DG REGIO)

Obxectivos

Reforzar a cohesión económica, social e territorial da Unión Europea reducindo as disparidades económicas, sociais e territoriais entre as súas rexións e apoiando a plena integración das rexións menos desenvolvidas no mercado interior da UE.

Eixes de actuación

Os fondos FEDER apoian investimentos en áreas prioritarias. O FEDER, que se executa a través duns 300 programas nacionais, rexionais e interregionales, apoia investimentos en infraestruturas, investimentos produtivos en empresas e políticas públicas nunha serie de temas. En concreto, proporciona axuda para:

  • Investimentos en infraestruturas;
  • Actividades para a investigación aplicada e a innovación, en particular a investigación industrial, o desenvolvemento experimental e os estudos de viabilidade;
  • Investimentos no acceso aos servizos;
  • Investimentos produtivos en pemes e investimentos con obxecto de salvagardar o emprego existente e crear novos empregos;
  • Equipos, software e activos inmateriais;
  • Redes, cooperación, intercambio de experiencias e actividades que impliquen agrupacións de innovación, en particular entre empresas, organizacións de investigación e administracións públicas;
  • Información, comunicación e estudos; e
  • Asistencia técnica.

Beneficiarios

Entidades rexionais públicas e privadas, con especial atención ás rexións e zonas desfavorecidas, en particular as zonas rurais e as que sofren desvantaxes naturais ou demográficas e as rexións ultraperiféricas; e, indirectamente, os cidadáns da UE, as organizacións públicas ou privadas e as empresas.

Orzamento e intensidade das axudas

226.050 millóns de euros (prezos de 2021).
Nas rexións en transición, como Galicia, o FEDER pode financiar ata o 60 % do custo dun proxecto.

Observacións

O financiamento desembólsase en forma de subvencións, contratacións e instrumentos financeiros.

Puntos de información a nivel europeo

Organismo: DG REGIO
E-mail:
regio-a2-communication@ec.europa.eu

Puntos de información a nivel nacional ou rexional

Organismo: Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos – Consellería de Facenda. Xunta de Galicia
E-mail: dxpolfinanceira@xunta.gal

Convocatorias relacionadas

Convocatorias no marco da iniciativa B-Solutions 2.0 para resolver os obstáculos transfronteirizos