Fondo Europeo de Defensa

DEFENSA

Horizonte Europa

Duración

2021-2027

Tipo de programa

Xestión directa

Base legal

Regulamento (UE) 2021/697 do Parlamento Europeo e do Consello do 29 de abril de 2021 polo que se establece o Fondo Europeo de Defensa

Organismo xestor

Dirección Xeral de Industria de Defensa e Espazo (DG DEFIS).

Obxetivos

O obxectivo do Fondo é proporcionar un apoio coherente ao longo de todo o ciclo de investigación e desenvolvemento, baseándose en normas adaptadas ás especificidades da investigación en materia de defensa. Deste xeito, garantirá a coherencia e contribuirá a salvar o “val da morte” entre a investigación e o desenvolvemento, que comporta importantes riscos técnicos e financeiros e que a miúdo impide a maduración de novas tecnoloxías de defensa prometedoras e a súa integración efectiva no desenvolvemento de novos sistemas de defensa.
O Fondo reforzará a competitividade, a eficacia e a capacidade de innovación da base tecnolóxica e industrial da defensa europea, o que contribúe á autonomía estratéxica e á liberdade de acción da Unión. Ademais, ao esixir requisitos técnicos comúns, mellorará a interoperabilidade dos produtos e tecnoloxías desenvolvidos para os Estados membros, que son os usuarios finais.
Para mellorar a capacidade de innovación do sector e a aparición de novos produtos e tecnoloxías, o Fondo tamén apoiará a investigación e o desenvolvemento de tecnoloxías de defensa disruptivas e terá en conta as súas especificidades, como o maior risco de fracaso dos proxectos e o potencial de atraer a axentes non tradicionais ao sector da defensa.

Eixes de actuación

O Fondo Europeo de Defensa apoiará as accións de colaboración en materia de investigación e desenvolvemento no ámbito da defensa e promoverá a cooperación transfronteiriza en toda a UE. O deseño do programa garante a participación de empresas de defensa de todos os tamaños, incluídas as pequenas e medianas empresas e as empresas de mediana capitalización, en toda a UE, reforzando e estimulando a apertura das cadeas de subministración e impulsando a competitividade da industria europea de defensa, e contribuirá á entrega de tecnoloxías e equipos de defensa punteiros e interoperables en consonancia coas necesidades dos Estados membros

Beneficiarios

Consorcios industriais, empresas de todos os tamaños, incluídas pequenas e medianas empresas e empresas de mediana capitalización, centros de investigación e universidades.

Orzamento e intensidade das axudas

7.950 millóns de euros (prezos de 2021). Un terzo destinarase a financiar proxectos de investigación competitivos e colaborativos, en particular mediante subvencións, e dous terzos destinaranse a complementar o investimento dos Estados membros, mediante o cofinanciamento dos custos de desenvolvemento das capacidades de defensa tras a fase de investigación.
O Fondo financiará ata o 100 % dos gastos subvencionables dunha actividade con carácter xeral

Observacións

E relación coas principais subvencións, só serán elixibles as accións realizadas en cooperación entre polo menos tres entidades de polo menos tres Estados membros ou países asociados diferentes. A participación transfronteiriza das pemes e as empresas de mediana capitalización verase reforzada por mecanismos específicos de adxudicación e recompensa. O FED conta con 17 prioridades temáticas e prevé cada ano convocatorias a partir dun programa de traballo anual.

Ligazóns de interese

Web do programa

Puntos de información a nivel europeo

Organismo: DG DEFIS
Telf: +32 2 299 11 11

Puntos de información a nivel nacional ou rexional

Organismo: Ministerio de Defensa. Punto nacional de contacto: Carlos Gallego
E-mail: cgalrem@et.mde.es