Fondo Europeo de Adaptación á Globalización para Traballadores Despedidos (FEAG)
INVESTIR NAS PERSOAS, COHESIÓN SOCIAL E VALORES
Duración
Tipo de programa
Base legal
Regulamento (UE) 2021/691 do Parlamento Europeo e do Consello do 28 de abril de 2021 relativo ao Fondo Europeo de Adaptación á Globalización para Traballadores Despedidos (FEAG)
Organismo xestor
Obxetivos
O FEAG ofrece apoio aos traballadores despedidos e aos traballadores por conta propia que cesen nas súas actividades no transcurso de reestruturacións importantes.
Eixes de actuación
Como norma xeral, os Estados membros poden solicitar contribucións financeiras do FEAG para medidas destinadas a traballadores despedidos e traballadores por conta propia en caso de reestruturacións laborais importantes. Concretamente:
- cando unha única empresa (incluídos os seus provedores e os transformadores dos seus produtos) despide a máis de 200 traballadores.
- nos mercados laborais de pequena escala, en particular con respecto ás solicitudes nas que participen pemes, sempre que os despedimentos teñan un grave impacto no emprego e na economía local, rexional ou nacional, ou en circunstancias excepcionais.
O FEAG súmase aos servizos existentes de asistencia no mercado de traballo proporcionando medidas personalizadas aos desempregados.
Beneficiarios
Os beneficiarios últimos son traballadores despedidos demandantes de emprego pouco cualificados e desfavorecidos que deban facer fronte a novos retos no mercado laboral
Orzamento e intensidade das axudas
O FEAG ten un orzamento anual de 210 millóns de euros (a prezos de 2021). Trátase dun instrumento especial e flexible á marxe do marco financeiro plurianual, dado que o seu obxectivo é proporcionar axuda en situacións de emerxencia, como complemento da asistencia máis anticipatoria que ofrece o FSE+.
Pode financiar entre o 60% e o 85% do custo dos proxectos concibidos para axudar aos traballadores despedidos a atopar un novo emprego ou a crear a súa propia empresa.
Observacións
As intervencións do FEAG lévanas a cabo as administracións nacionais ou rexionais. Cada proxecto ten unha duración de dous anos.
O FEAG pode cofinanciar medidas tales como:
- asistencia na procura de emprego;
- orientación profesional;
- educación, formación e reciclaxe profesional;
- titoría e asesoramento individual;
- emprendemento e creación de empresas.
Tamén pode proporcionar axudas á formación, dietas ou axudas similares, o que inclúe axudas para servizos de asistencia, subsidios de mobilidade e de recolocación, e incentivos á contratación destinados aos empregadores.
O FEAG non cofinancia medidas de protección social como as pensións ou as prestacións de desemprego.
O FEAG non se mobilizará cando os empregados do sector público sexan despedidos como consecuencia de recortes orzamentarios efectuados por un Estado membro.
En que se diferenza o FEAG dos Fondos Estruturais e de Investimento da UE? O FEAG proporciona aos traballadores axudas puntuais e individuais, de duración limitada, mentres que o Fondo Social Europeo Plus adopta unha perspectiva máis estratéxica e a longo prazo, anticipando e xestionando o cambio a través de actividades como a aprendizaxe permanente.
O FEAG é un fondo reactivo á marxe do MFP. No marco desta guía, enmarcaouse na sub-rúbrica “Invertir nas persoas, cohesión social e valores”.
Ligazóns de interese
Puntos de información a nivel europeo
Organismo: DG EMPL
E-mail: EMPL-EGF@ec.europa.eu
Puntos de información a nivel nacional ou rexional
Organismo: Unidad Administradora del FSE (UAFSE).
Puntos nacionales de contacto: Victoria BERROCAL RUIZ y Guzmán GARCÍA GONZALEZ-POSADA
E-mail: vberrocal@mites.gob.es / ggarciagp@mites.gob.es