Fondo Europeo Agrícola para o Desenvolvemento Rural (FEADER)

POLÍTICA AGRÍCOLA E MARÍTIMA

Horizonte Europa

Duración

2021-2027 (período de transición: 2021-2023)

Tipo de programa

Xestión mixta

Base legal

Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común, financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER)

Organismo xestor

O FEADER execútase principalmente en réxime de xestión mixta cos Estados membros. Agricultura e Desenvolvemento Rural (DG AGRI) é a principal Dirección Xeral da Comisión.

Obxetivos

Apoiar a transición cara a un sector agrícola plenamente sostible e o desenvolvemento de zonas rurais dinámicas.

Eixes de actuación

O FEADER financiará os seguintes tipos de intervencións:

  • Compromisos ambientais, climáticos e doutro tipo de xestión;
  • Limitacións naturais ou outras limitacións específicas da zona;
  • Desvantaxes específicas da zona derivadas dos requisitos obrigatorios; • Investimentos;
  • Instalación de novos agricultores e creación de empresas rurais;
  • Ferramentas de xestión de riscos;
  • Cooperación;
  • Intercambio de coñecementos e información.

Beneficiarios

Agricultores e axentes rurais da UE.

Orzamento e intensidade das axudas

87.440 millóns de euros (antes das transferencias entre os piares da Política Agrícola Común), máis 8.070 millóns de euros de NextGenerationEU (prezos de 2021).

Ligazóns de interese

Organismo: DG AGRI
Web de contacto

Puntos de información a nivel europeo

Organismo: DG AGRI
Web de contacto

Puntos de información a nivel nacional ou rexional

Organismo: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
E-mail: infoagader@xunta.es
Organismo: FOGGA
E-mail: mediorural.fogga@xunta.es
Organismo: FEGA
E-mail: secretaria-general@fega.es