Fondo de Seguridade Interna (FSI)
SEGURIDADE

Duración
Tipo de programa
Base legal
Regulamento (UE) 2021/1149 do Parlamento Europeo e do Consello do 7 de xullo de 2021 polo que se crea o Fondo de Seguridade Interior
Organismo xestor
Obxetivos
Contribuír a garantir un alto nivel de seguridade na UE, en particular previndo e combatendo o terrorismo e a radicalización, a delincuencia grave e organizada, e a ciberdelincuencia, e asistindo e protexendo ás vítimas da delincuencia, así como preparando, protexendo e xestionando eficazmente os incidentes, riscos e crises relacionados coa seguridade.
Eixes de actuación
O FSI apoia unha ampla gama de accións en consonancia coa Axenda Europea de Seguridade, entre elas:
- A compra/adquisición de sistemas de TIC, e a formación e as probas asociadas, así como a mellora da súa interoperabilidad e a calidade dos datos;
- A supervisión da aplicación da lexislación e os obxectivos políticos da UE nos Estados membros no ámbito dos sistemas de información sobre seguridade;
- Operacións que apliquen ou faciliten a aplicación do ciclo político da UE/EMPACT (Plataforma multidisciplinar europea contra as ameazas delituosas);
- Apoiar ás redes temáticas ou intertemáticas de unidades nacionais especializadas para mellorar a confianza mutua, o intercambio e a difusión de coñecementos técnicos, información, experiencias e mellores prácticas, e a posta en común de recursos e coñecementos técnicos en centros conxuntos de excelencia;
- Educación e formación para as autoridades policiais e xudiciais e os organismos administrativos pertinentes.
Beneficiarios
Policía estatal/federal, aduanas e outros servizos policiais especializados (incluídas as unidades nacionais de ciberdelincuencia, antiterrorismo e outras unidades especializadas), organismos públicos locais, organizacións non gobernamentais, organizacións internacionais, axencias da UE, empresas de dereito privado e público, redes, institutos de investigación e universidades.
Orzamento e intensidade das axudas
1.930 millóns de euros (prezos de 2021).
A contribución do orzamento da Unión non excederá do 75 % do gasto total subvencionable dun proxecto, aínda que poderá incrementarse ata o 90 % no caso de accións específicas e ata o 100 % nos casos sinalados no Regulamento
Observacións
O financiamento desembólsase en forma de subvencións e adquisicións.
Ligazóns de interese
Puntos de información a nivel europeo
Organismo: DG HOME
Web de contacto