Europa Creativa

INVESTIR NAS PERSOAS, COHESIÓN SOCIAL E VALORES

Horizonte Europa

Duración

2021-2027

Tipo de programa

Xestión directa

Base legal

Regulamento (UE) 2021/818 do Parlamento Europeo e do Consello do 20 de maio de 2021 polo que se establece o Programa Europa Creativa (2021 a 2027)

Organismo xestor

Dirección Xeral de Educación, Mocidade, Deporte e Cultura (DG EAC) e Redes de Comunicación, Contido e Tecnoloxías (DG CONNECT) xunto coa Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA)

Obxetivos

Optimizar o potencial dos sectores culturais e creativos de Europa ofrecendo aos operadores oportunidades de desenvolvemento tecnolóxico e artístico mediante iniciativas transfronteirizas innovadoras. Intercambiar, coproducir e distribuír obras europeas, así como facelas accesibles a un público amplo e diverso.

Eixes de actuación

O Programa divídese en tres capítulos:

  • CULTURA: centrado en proxectos artísticos de cooperación, plataformas e redes para compartir e promover obras e oportunidades, e na internacionalización a través da mobilidade das persoas e as actividades transnacionais das organizacións culturais e creativas.
  • MEDIA: centrado no desenvolvemento e a produción de contidos audiovisuais innovadores, a distribución e promoción de obras europeas transnacionais e o desenvolvemento de redes e audiencias transnacionais.
  • INTERSECTORIAL: que abrangue outras actividades, como a cooperación política e a colaboración transfronteiriza no eido dos medios de comunicación.

Beneficiarios

Medios de comunicación, artistas, organizacións culturais e creativas dentro e fóra da UE, industria e redes cinematográficas e musicais, etc.

Orzamento e intensidade das axudas

1.840 millóns de euros, + 690 mil euros procedentes das multas impostas pola UE por incumprimento das normas en materia de Competencia (prezos de 2021): 33 % Cultura; 58 % MEDIA; 9 % Intersectorial

Puntos de información a nivel europeo

Organismo: DG EAC
E-mail: EAC-UNITE-D2@ec.europa.eu

Puntos de información a nivel nacional ou rexional

Organismo: Oficina Europa Creativa Cultura (Ministerio de Cultura e Deporte)
E-mail: coordinador.europacreativa@cultura.gob.es

Un exemplo galego

Beneficiario

Fundación Uxío Novoneyra (beneficiario)

Acrónimo

BE (P)ART

Duración

1 de setembro de 2021 – 28 de febreiro de 2023

Duración

1 de setembro de 2021 – 28 de febreiro de 2023

Orzamento

Non dispoñible

Web

https://bepartnow.eu/

Resumo

Proxecto que busca promover a participación da xente nova na vida cultural e literaria das cidades, con especial énfase naqueles grupos actualmente infrarrepresentados. O obxectivo é favorecer a igualdade no acceso á cultura como forma de empoderamento e fomento do pensamento crítico. A súa estratexia é a creación dun protocolo baseado nos métodos de coprodución cultural que axude ás organizacións literarias a atopar maneiras innovadoras e creativas de interactuar coa xente nova e garantir a diversidade e a igualdade no acceso á cultura.