Erasmus+

INVESTIR NAS PERSOAS, COHESIÓN SOCIAL E VALORES

Horizonte Europa

Duración

2021-2027

Tipo de programa

Xestión directa e indirecta

Base legal

Regulamento (UE) 2021/817 do Parlamento Europeo e do Consello do 20 de maio de 2021 polo que se establece Erasmus+, o Programa da Unión para a educación e a formación, a mocidade e o deporte

Organismo xestor

Dirección Xeral de Educación, Mocidade, Deporte e Cultura (DG EAC), en cooperación con Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión (DG EMPL) e a Axencia Executiva no ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural (EACEA). Algunhas partes do programa execútanse en xestión indirecta co apoio das Axencias Nacionais Erasmus+.

Obxetivos

Erasmus+ é o programa da UE para apoiar a educación, a formación, a mocidade e o deporte en Europa.

Eixes de actuación

Os obxectivos do programa perseguiranse a través do tres acciones clave seguintes, que á súa vez apoiarán accións en cada ámbito do programa (educación e formación xuventude e deporte).

  • Mobilidade na aprendizaxe (“acción clave 1”): mobilidade de estudantes e persoal, actividades de participación dos mozos, DiscoverEU, oportunidades de aprendizaxe de idiomas a través de actividades de mobilidade no estranxeiro.
  • Cooperación entre organizacións e institucións (“acción clave 2”): asociación para a cooperación, asociación para a excelencia, asociación para a innovación; proxectos de desenvolvemento de capacidades no ámbito da mocidade, eventos deportivos sen ánimo de lucro, plataformas en liña como eTwinning, Plataforma Electrónica para a Formación de Adultos en Europa (EPALE), Plataforma Dixital da ensinanza de Europa (School Education Gateway)…
  • Apoio ao desenvolvemento de políticas e á cooperación (“acción clave 3”): acción “European Youth Together”, dirixida a organizacións xuvenís de base que queiran establecer asociacións transfronteirizas, é dicir, que pretendan engadir unha dimensión europea ás súas actividades; acción que fomenten o diálogo político coas partes interesadas dentro e fóra da Unión Europea.

Os obxectivos tamén se perseguirán a través das accións Jean Monnet, que apoian o ensino, a aprendizaxe, a investigación e os debates sobre cuestións de integración europea, incluídos os futuros retos e oportunidades da Unión. Jean Monnet consta de tres accións: (1) ensino superior; (2) educación e formación e (3) a acción de apoio ás institucións designadas

Beneficiarios

Estudantes, investigadores, universidades e todo tipo de entidades activos nos ámbitos de educación, formación, xuventude e deporte na UE e os países asociados.

Orzamento e intensidade das axudas

4.570 millóns de euros, + 1.940 millóns de euros procedentes das multas impostas pola UE por incumprimento das normas en materia de Competencia (prezos de 2021).

Observacións

O financiamento desembólsase en forma de subvencións, premios e contratacións.

Ligazóns de interese

Web do fondo

Puntos de información a nivel europeo

Organismo: DG EAC
FUNDACIÓN GALICIA EUROPA
E-mail: EAC-Digital-Services@ec.europa.eu

Puntos de información a nivel nacional ou rexional

Organismos: Servizo Español para a internacionalización da Educación (SEPIE), para o ámbito da edu- cación e a formación; e a Axencia Nacional Española (ANE), integrada no Instituto da Mocidade (INJU- VE) para o ámbito mocidade
Web de contacto SEPIE
Web de contacto INJUVE

Un exemplo galego

Beneficiario

Concello de Outes (coordinador)
CESGA (beneficiario)
USC (beneficiario)

Acrónimo

e-InnoEduCO2actityOneHealth

Duración

1 de marzo de 2021 – 28 de febreiro de 2023

Presupuesto

251.305 € (orzamento e subvención)

Resumo

Este proxecto da acción clave 2 ten como obxectivos xerais deseñar un modelo pedagóxico STE(A)M-TIC adaptado á formación telemática de era Covid-19 e ás necesidades curriculares de experimentación científica, desenvolver deseños experimentais que permitan seguir as prácticas científicas de xeito telemático, e reflexionar sobre o risco da presenza nos océanos de microorganismos que afectan a animais de consumo humano. Para isto, no marco deste proxecto levaranse a cabo actividades como: implementación de modelos e-lab e e-eco vencellados á realidade aumentada que faciliten (entre outros) información sobre as especies con representacións 3D de apoio, investigacións con fases de campo e de laboratorio en diferentes océanos europeos, formación presencial e online dirixida a estudantes para a produción multimedia de accións divulgativas e de sensibilización, difusión e clases experimentais integradas en guións cinematográficos para transferir o proxecto á sociedade, e elaboración de materiais didácticos.