Cooperación en materia de Fiscalidade (Fiscalis)
MERCADO ÚNICO

Duración
Tipo de programa
Base legal
Regulamento (UE) 2021/847 do Parlamento Europeo e do Consello do 20 de maio de 2021 polo que se establece o Programa «Fiscalis» para a cooperación no ámbito da fiscalidade
Organismo xestor
Obxectivos
O programa apoia ás autoridades fiscais para mellorar o funcionamento do mercado interior, fomenta a competitividade da UE e a competencia leal, protexe os intereses financeiros e económicos da UE e os seus Estados membros, incluída a protección deses intereses contra a fraude, a evasión e a elusión fiscal, e mellora a recadación de impostos.
Eixes de actuación
- Fiscalis presta apoio financeiro ás accións de desenvolvemento de capacidades informáticas, en particular o desenvolvemento e funcionamento dos sistemas electrónicos europeos de fiscalidade, e fomenta a cooperación entre as autoridades fiscais nacionais mediante reunións e unha colaboración estruturada baseada en proxectos, como os grupos de proxectos e os equipos de expertos.
- O programa tamén presta apoio financeiro ás competencias humanas e a outras accións de desenvolvemento de capacidades, incluídas a formación e o intercambio de mellores prácticas, así como a outras accións como estudos, comunicación e actividades de innovación.
Beneficiarios
Estados membros da UE e terceiros países asociados ás autoridades fiscais do programa.
Orzamento e intensidade das axudas
270 millóns de euros (prezos de 2021).
O Programa poderá financiar ata o 100 % dos gastos subvencionables da acción.
Observacións
Proporciona financiamento en forma de subvencións e contratacións.
Ligazóns de interese
Puntos de información a nivel europeo
Organismo: DG TAXUD
E-mail: TAXUD-fiscalis@ec.europa.eu