Cooperación en materia de aduanas (Aduanas)
MERCADO ÚNICO

Duración
Tipo de programa
Base legal
Regulamento (UE) 2021/444 do Parlamento Europeo e do Consello de 11 de marzo de 2021 polo que se establece o programa Aduanas para a cooperación no ámbito aduaneiro
Organismo xestor
Obxectivos
O programa de cooperación en materia de aduanas contribúe a salvagardar os intereses financeiros da UE e dos Estados membros, e axuda ás administracións aduaneiras a protexer aos cidadáns contra as ameazas sanitarias, ambientais e doutro tipo na súa función de gardiáns da fronteira exterior da UE para as mercadorías.
Eixes de actuación
- DUANAS proporciona apoio financeiro ás accións de desenvolvemento de capacidades informáticas, en particular o desenvolvemento e funcionamento dos sistemas electrónicos europeos para as aduanas, e fomenta a cooperación entre as autoridades aduaneiras nacionais a través de reunións e a colaboración estruturada baseada en proxectos, como os grupos de proxectos e os equipos de expertos.
- O programa tamén presta apoio financeiro ás accións de desenvolvemento de capacidades e competencias humanas, incluída a formación e o intercambio de mellores prácticas, así como a outras accións como estudos, comunicación e actividades de innovación.
Beneficiarios
Estados membros da UE e terceiros países asociados ás autoridades aduaneiras do programa.
Orzamento e intensidade das axudas
950 millóns de euros (prezos de 2021).
O Instrumento poderá financiar ata o 80 % do total de gastos subvencionables dunha acción. Calquera financiamento por enriba deste límite poderá concederse só en circunstancias excepcionais e debidamente xustificadas.
Observacións
Proporciona financiamento en forma de subvencións e contratacións.
Ligazóns de interese
Puntos de información a nivel europeo
Organismo: TAXUD
E-mail: taxud-customs-programme@ec.europa.eu