Mecanismo “Conectar Europa”
INVESTIMENTOS ESTRATÉXICOS EUROPEOS

Duración
Tipo de programa
Base legal
Regulamento (UE) 2021/1153 do Parlamento Europeo e do Consello do 7 de xullo de 2021 polo que se establece o Mecanismo «Conectar Europa»
Organismo xestor
Obxectivos
Acelerar os investimentos nas redes de transporte, enerxía e infraestruturas dixitais de Europa. Apoiar a dobre transición verde e dixital, contribuíndo aos ambiciosos obxectivos de infraestruturas para o Pacto Verde Europeo e a década dixital.
Eixes de actuación
O Mecanismo “Conectar Europa”, máis coñecido como CEF, polas súas siglas en inglés, divídese en tres subprogramas:
- Transporte: se centra en proyectos relacionados con la ejecución de la Red Transeuropea de Transporte (RTE-T) mediante la creación de nuevas infraestructuras y la mejora de las existentes, así como en prioridades horizontales como la mejora de los sistemas de gestión del tráfico e innovaciones en los sistemas de transporte que reduzcan el impacto medioambiental, mejoren la eficiencia energética y mejoren la seguridad.
- Enerxía: pon o foco en proxectos transfronteirizos de enerxías renovables, a interoperabilidade das redes e unha mellor integración do mercado interior da enerxía.
- Dixital: céntrase en accións que garantan unha cobertura ininterrompida con sistemas 5G ao longo das principais vías de transporte, o despregamento de novas redes troncais de comunicación ou a mellora significativa das existentes, así como o despregamento de redes de moi alta capacidade, incluída a 5G, e o acceso ás mesmas
Unha das principais prioridades do MCE é permitir e reforzar as sinerxías entre os tres subprogramas. As accións intersectoriais poden permitir optimizar os custos ou os resultados mediante a posta en común de recursos financeiros, técnicos ou humanos, aumentando así a eficacia do financiamento da UE.
Beneficiarios
A industria, as pequenas e medianas empresas, os organismos de investigación e outras entidades públicas e privadas establecidas nun Estado membro ou nun terceiro país asociado ao programa.
Orzamento e intensidade das axudas
33.710 millóns de euros (prezos de 2021):
- 25.807 millóns de euros para obras no sector do transporte:
- proxectos de interese común relativos ás redes e infraestruturas eficientes, interconectadas e multimodais; o importe financeiro da Unión non excederá do 30 % dos gastos subvencionables, aínda que se poderán incrementar ata o 50 % nas accións sinaladas (artigo 15 do Regulamento)..
- adaptación de parte da RTE-T para un dobre uso das infraestruturas de transporte con vistas a mellorar a mobilidade tanto civil como militar; o importe do apoio financeiro da Unión non excederá do 50 % dos gastos subvencionables totais.
- • 5.838 millóns de euros para obras no sector da enerxía:
- o importe do apoio financeiro da Unión non excederá do 50 % dos gastos subvencionables totais.
- proxectos que reforcen a seguridade no abastecemento a escala rexional ou da Unión, reforcen solidariedade da Unión ou ofrezan solucións altamente innovadoras: ata un 75 %.
- • 2.065 millóns de euros para obras no sector dixital:
- o importe do apoio financeiro da Unión non excederá do 30 % dos gastos subvencionables totais.
- as porcentaxes de confinanciamento poderán incrementarse ata o 50 % para as accións cunha marcada dimensión transfronteiriza, como a cobertura ininterrompida con sistemas 5G ao longo das principais vías de transporte ou a implantación de redes troncais entre os Estados; e ata o 75 % para as accións que executen a conectividade dos motores socioeconómicos.
- as accións que ofrezan conectividade inarámica nas comunidades locais, cando se realicen mediante subvencións de escasa contía, poderán ser financiadas con apoio financeiro da Unión que cubra ata o 100 % dos gastos subvencionables, sen prexuízo do principio de cofinanciamento.
Para os estudos, o importe do apoio financeiro da Unión non excederá do 50 % dos gastos subvencionables totais.
Observacións
MCE poderá proporcionar financiamento en forma de subvencións e contratos públicos.