Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » A UE reforza a protección dos traballadores frente aos produtos quimicos perigosos

A UE reforza a protección dos traballadores frente aos produtos quimicos perigosos

28/03/2022 |

— O Consello deu luz verde a modificar a Directiva sobre os axentes carcinóxenos e  mutáxenos, un acto lexislativo da UE encamiñado a protexer aos traballadores ante os riscos relacionados coa exposición a substancias carcinóxenas e mutáxenas.

— Encomendouse á Comisión que presente, como moi tarde o 31 de decembro de 2022, un plan de acción para fixar novos valores límite de exposición profesional, ou revisalos, para polo menos 25 substancias, grupos de substancias ou substancias xeradas por procesos.

Os Estados membros dispoñen de dous anos a partir da adopción da Directiva para adecuarse aos cambios acordados.

 

 

Bruxelas, 14 de marzo de 2022.- O Consello da UE, na súa formación de Xustiza e Asuntos de Interior, adoptou o pasado 3 de marzo a modificación da Directiva sobre os axentes carcinóxenos e mutáxenos, lexislación encamiñada a protexer ás persoas traballadoras contra os riscos das substancias químicas perigosas.
 
O Consello e o Parlamento concluíran en decembro un acordo sobre a actualización desta Directiva, que aprobou o pleno do Parlamento o pasado 17 de febreiro. Agora, coa adopción do Consello, dáse luz verde definitiva á modificación deste acto lexislativo, que mellorará a protección dos traballadores ao establecer límites de exposición para o acrilonitrilo, os compostos de níquel e reducir os límites existentes para o  benceno. Así mesmo, ofrecerase maior protección contra as reprotoxinas, substancias químicas que poden interferir no aparello reprodutivo humano e que se trataban ata o de agora conforme unha lexislación diferente.
 
  • Reprotoxinas: Os valores límite de exposición para doce reprotoxinas transferiranse á Directiva sobre os axentes carcinóxenos e mutáxenos, que é máis estrita. Por tanto, a Directiva pasará a chamarse «Directiva sobre os axentes  carcinógenos,  mutágenos e  reprotóxicos», ou «DCMR».
  • Medicamentos perigosos: Os traballadores sanitarios que manexan fármacos  carcinógenos, mutáxenos ou reprotóxicos, denominados medicamentos perigosos, recibirán mellor formación sobre como manipulalos de forma segura. A nova lei establece que a Comisión debe publicar directrices sobre formación, vixilancia e control destes produtos. 
A modificación desta Directiva supón unha importante vitoria para a seguridade dos traballadores, xa que, con máis de 100.000 mortes ao ano, os cánceres profesionais son a principal causa de morte no traballo na UE, e moitas máis persoas sofren problemas de fertilidade como consecuencia da exposición a substancias canceríxenas ou  reprotóxicas. Segundo datos da Comisión, estímase que estas novas normas reducirán a exposición a axentes canceríxenos dun millón de traballadores.
 
 

Plan de acción

De conformidade coa Directiva revisada, encomendouse á Comisión que presente, como moi tarde o 31 de decembro de 2022, un plan de acción para fixar novos valores límite de exposición profesional, ou revisalos, para polo menos 25 substancias, grupos de substancias ou substancias xeradas por procesos, e que presente propostas lexislativas, se procede.
 
 

Seguintes etapas

Os Estados membros dispoñen de dous anos a partir da adopción da directiva para adecuarse aos cambios acordados. En España, este proceso implica as correspondentes modificacións do ordenamento xurídico, como a máis recente que tivo lugar coa publicación do Real Decreto 427/2021.
 
 

Contexto

Segundo os datos da Comisión, máis dun millón de traballadores vese exposto ao  acrilonitrilo, aos compostos de níquel e ao  benceno, e o 52% das mortes laborais anuais na Unión Europea débense ao cancro.
 
A revisión desta Directiva é a cuarta en 5 anos, tras as tres primeiras que se adoptaron en 2017 e en 2019, e enmárcase en el Plan Europeo de Loita contra o Cáncer e no novo Marco Estratéxico de Seguridade e Saúde no Traballo 2021-2027, que define as prioridades e accións clave para mellorar a seguridade e saúde da poboación traballadora, abordando os rápidos cambios na economía, a demografía e os modelos de traballo.
 
 
 
 
 
 
 
Máis informaciónConsejo Europeo
 
 
 
 
 
 

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data