Actualidade

Portada » Actualidade » Análise FGE da actualidade comunitaria » Prioridades de Galicia ante a Presidencia española da UE

Prioridades de Galicia ante a Presidencia española da UE

27/06/2023 | ,

España asumirá a Presidencia española do Consello da Unión Europea no segundo semestre de 2023 con grandes retos por diante aos que deberá facer fronte buscando o consenso entre os 27 Estados membros. O noso país terá, pois, un papel clave na conclusión dos expedientes lexislativos antes do fin dos mandatos do Parlamento Europeo e da Comisión Europea en 2024.

No marco do grupo de traballo establecido polo Ministerio de Política Territorial para a implicación das comunidades autónomas na preparación da Presidencia española, a Fundación Galicia Europa recolleou as achegas da Xunta de Galicia para elaborar este documento coas prioridades dende o punto de vista galego. O documento foi validado polo Consello da Xunta e enviado ao Ministerio de Política Territorial no mes de abril.

Galicia achega así a súa opinión e experiencia en varios temas que se están a debater a nivel europeo como a avaliación da Política Pesqueira Común, a revisión da Rede Transeuropea de Transporte ou a reforma do mercado da electricidade. Outras áreas destacadas son o traballo de Galicia para encadrar o uso da Intelixencia Artificial, agora que se está a negociar un regulamento europeo nesta materia; a experiencia da Axenda Galega de Capacidades, coincidindo co actual Ano Europeo de Capacidades, e o potencial de Galicia en materia de enerxías renovables e materias primas críticas de cara a avanzar na transición ecolóxica e a soberanía estratéxica da UE.

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data