Resumen aquí Onte, 7 de marzo, celebrouse unha conferencia de prensa na sede en Bruxelas da Fundación Galicia Europa para presentar ós medios a innovadora iniciativa do corpo local de policía de Pontevedra: o primeiro Torneo Europeo de Policías e Bombeiros, que se celebrará nesta cidade galega do 22 ó 25 de xuño. Daniel Macenlle, oficial xefe da policía local pontevedresa, asegurou que estes xogos permiten integrar á policía na sociedade á que serven “e só dende a integración se pode chegar á eficacia”. Considera que a través do deporte e o intercambio multicultural “se fomenta a tolerancia, que é un valor fundamental sobre o que se debe asentar o necesario respecto ós Dereitos Humanos, o eixe sobre o que xira o noso exercicio profesional e que cuxa defensa é á súa vez a nosa razón de ser”. José Carlos Baquero, presidente de
O acto estivo apoiado pola presencia e as palabras do eurodiputado Antolín Sánchez Presedo, quen manifestou a súa satisfacción coma galego e declarou que a UE non se constrúe só con Tratados, senón que tamén con apostas coma estas, “que estreitan os vínculos entre os cidadáns”. Tamén se contou coa asistencia do representante da Comisión e responsable de deportes Pedro Velázquez, quen ratificou o patrocinio do Torneo por parte do comisario de educación e cultura Ján Figel e asegurou que este tipo de iniciativas axudan a reforzar a identidade europea e representan os valores que tanto se queren fomentar dende as institucións da Unión. Outro invitado de excepción foi o director dos Xogos Mundiais Europol, o Sr. Robert Thomas: “esto sirve para facer máis humanos ós policías e ós bombeiros”. Engadiu que “non se trata soamente dunhas probas atléticas, senón de compartir experiencias” tras vaticinar o éxito do proxecto, posto que xa recibiu moitos correos electrónicos interesándose polo torneo.