Pintores galegos ofreceron unha exposición no Parlamento Europeo
Dende o pasado día 28 de marzo e durante unha semana, a sede do Parlamento Europeo en Bruxelas acolle a exposición colectiva Galiciarte, na que se poden atopar pinturas, esculturas e obras plásticas de vintetrés artistas galegos, membros todos eles da Asociación Galega de Arte e Cultura. Entre os virtuosos do color se atopan Antonio Abad, Natalia Rodríguez, Matilde del Castillo, Jesús Pereira, Esther Molinero, Pepe Pote, Víctor Rey, Albino Rodríguez e Carmen Sevillano. Algúns dos escultores que participan son Teresa Añón, Flor Fernández, Marisa Fraga, Pepa Mariño e Cuca Fraga.
Esta iniciativa foi impulsada pola eurodeputada socialista Rosa Miguélez. O cóctel de inauguración foi ofrecido pola Fundación Galicia Europa e conto coa participación da embaixadora de España en Bélxica, María Victoria Morera e máis dun centenar de persoas, principalmente, europarlamentarios e numerosos funcionarios galegos das distintas institucións europeas.