Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » Asuntos Marítimos » Petición ás institucións europeas para tratar o afundimento do Vila de Pitanxo

Petición ás institucións europeas para tratar o afundimento do Vila de Pitanxo

08/11/2022 |

— María José de Pazo, filla do xefe de máquinas do Vila de Pitanxo, expuxo unha petición ante o Parlamento Europeo para tratar o afundimento do arrastreiro español, Vila de Pitanxo. 

Bruxelas, 8 de novembro de 2022. A peticionaria acudiu á Comisión de Peticións (PETI) do Parlamento Europeo e solicitou que estes pidan á Comisión Europea que investiguen se as autoridades españolas están a infrinxir a normativa da UE en materia de transparencia ao ocultar información, non respectando así o dereito de calquera persoa para acceder ao expediente que lle afecta e obstaculizando o seu dereito á xustiza.

Neste sentido, María José de Pazo sinalou a Directiva 2009/18 sobre os principios fundamentais que rexen os accidentes no sector do transporte marítimo. Nela establécese que os Estados membros velan por que se facilite toda a información pertinente para levar a cabo a investigación de seguridade por parte as autoridades responsables. Así mesmo, autorízase a gozar de libre acceso a calquera buque, pecio ou estrutura involucrado no accidente. Por iso, a peticionaria demandou a baixada ao pecio para obter probas e esclarecer o ocorrido, en aplicación con dita directiva, e dirixiuse ás autoridades españolas para pedir información.

María José de Pazo pediu ás institucións europeas que avaliasen as presuntas infraccións do dereito da Unión. O PETI uniuse en unanimidade para manter aberta esta petición e a súa presidenta quixo transmitir a unanimidade ás autoridades españolas. Doutra banda, solicitouse a actualización continua da información para PETI e remitiuse ás comisións de pesca e emprego e asuntos sociais para que acheguen as súas opinións.

Contexto

O procedemento de presentación de peticións no Parlamento Europeo ofrece a posibilidade de entrar en contacto co Parlamento e facer uso do dereito de petición, un dos dereitos fundamentais de calquera cidadán ou residente da Unión.

Grazas ás peticións, o Parlamento pode, a través da súa Comisión de Peticións, comprobar sobre o terreo a forma en que se aplica a lexislación europea e ata que punto as institucións europeas responden as inquietudes que se lle expoñen.

O obxectivo da Comisión de Peticións non é outro que o de responder a todas as peticións e, cando sexa posible, ofrecer unha alternativa extraxudicial a preocupacións ou cuestións lexítimas que, sempre en relación cos ámbitos de actividade da UE, os peticionarios fan chegar.

Máis información: Peticións do Parlamento Europeo

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data