PARTICIPACIÓN DO CONSELLEIRO DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS EN FUNCIÓNS, ENRIQUE LÓPEZ VEIGA, NUNHA CONFERENCIA SOBRE POLÍTICA MARÍTIMA EN BRUXELAS
O Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos en funcións, Enrique López Veiga,
participou, o 13 de xullo de 2005, na conferencia sobre o futuro da política
marítima que organizou a Oficina Rexional do Lander Schleswig-Holstein en
cooperación cós Lander de Hamburgo, Bremen, Baixa Saxonia y
Mecklenburg-Vorpommern. Na organización da conferencia participaron tamén o
Comité das Rexións e a Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas de Europa
(CRPM). A conferencia conta coa cofinanciación da Comisión Europea.
A conferencia foi aberta polo Secretario Xeral do Comité das Rexións, Gerhard
Stahl, ó que seguiu a intervención do Comisario Europeo para a Pesca e os
Asuntos Marítimos, Joe Borg. Ademáis do Sr. López Veiga, participaron como
ponentes o Secretario Xeral da CRPM e o Ministro Rexional para Asuntos Marítimos
da Rexión da Toscana (Italia).
O Conselleiro en funcións fixo unha presentación ante os participantes da
visión galega nesta materia, facendo especial referencia ás publicacións “
A
ilusión do Mar: O Libro Verde da Política Marítima de Galicia” e ó Libro
Branco da Política Marítima, no que está plasmada a visión galega nesta
materia.
Según a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, co Libro
Verde e o Libro Blanco, comezou o proceso de elaboración do ”Plan Galicia do
Mar” co obxectivo de potenciar o desenvolvemento marítimo de Galicia e das
infraestructuras que permitan á Comunidade situarse no epicentro do tráfico
marítimo entre os portos europeos. ”A ilusión do Mar” debuxa as estratexias para
situar a Galicia no epicentro marítimo entre Europa, o Mediterráneo e o
transporte que transcorre polo Océano Atlántico.
O obxectivo da conferencia foi servir como punto de partida dos debates sobre
a postura rexional cara ó futuro da política marítima, e para que éstes supoñan
unha contribución ó Libro Verde sobre a Política Marítima que presentará a
Comisión Europea próximamente. Co gallo da celebración da conferencia será
presentado o borrador da opinión do Comité das Rexións sobre a Política Marítima
e o proxecto da CRPM sobre “A Europa do Mar”.