Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Concursos » Participa no concurso de ensaios para a xuventude

Participa no concurso de ensaios para a xuventude

20/09/2021 |

  • O prazo de presentación de escritos finaliza o vindeiro 26 de setembro de 2021.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2021. A Comisión Europea, a través da Dirección Xeral de Mercado Interior, Industria, Emprendemento e PEMES, convoca o concurso de ensaio para a xuventude, dirixido a persoas de entre 18 e 25 anos da Unión Europea ou dos países asociados ao programa COSME.

As persoas participantes deberán escribir un ensaio en inglés de 2 500 palabras como máxima, respondido á seguinte cuestión: “Que precisan as pemes para ser máis sostibles e resilientes, no contexto da COVID-19 e doutros desafíos globais? Pensa nas competencias e destrezas que necesitará un/ha emprendedor/a no futuro, describe tres start-ups prometedoras e sostibles en 2030”.

O premio para as tres persoas finalistas será unha viaxe á Asemblea de PEMES 2021, celebrada o mes de novembro en Eslovenia, na que se presentarán os ensaios ao público asistente, que se estime nun total de 500 delegados do mundo da empresa e do emprendemento. Finalmente, a persoa gañadora elixirase por voto do público.

Para máis información, accede á seguinte ligazón.

CONTEXTO

Este concurso forma parte da Semana Europea das PEMES, unha campaña paneuropea anual para promover o emprendemento en Europa.

Fonte: Concurso de ensayo para la juventud (Youth Essay Competition)

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data

Novas relacionadas

Non hai novas relacionadas