Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Eventos » Participa na segunda actividade do proxecto RUYOU!

Participa na segunda actividade do proxecto RUYOU!

16/02/2023 | ,

— A Fundación Galicia Europa participa como socia no proxecto europeo de formación de mozas en áreas rurais “Rural Youth of Europe”

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2023. O segundo evento do proxecto Rural Youth of Europe (RUYOU) consistirá nun rural hack challenge baixo o lema “Como afecta a Pobreza, Saúde e Benestar, Educación de Calidade, Igualdade de Xénero á mocidade rural?”. Levarase a cabo os días 23 e 24 de febreiro en modalidade on-line e en inglés.

RUYOU pretende analizar as preocupacións da mocidade rural de diferentes áreas de Europa, proxecto no que participarán mozos de Galicia, Portugal, Malta e Romanía. Os destinatarios son mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, así como persoas con interese no ámbito da mocidade ou o medio ambiente en zonas rurais. Unha xuventude con ganas de innovar, que teñan ideas e queiran apoiar un futuro rural por e para elas e eles.

Inscríbete e participa! Enche o formulario que podes atopar nesta ligazón. O número de participantes é limitado. No momento do rexistro, no apartado “My country/Partner” deberás indicar Spain (Fundación Galicia Europa).

RUYOU pretende analizar as preocupación da mocidade rural de diferentes áreas de Europa que teñan ideas e queiran apoiar un futuro rural por e para a xuventude

Que é un Creative Jam Rural Hack Challenge Online? 

É un evento que reúne a mozos, socios, axencias e tomadores de decisións para facilitar a oportunidade de “ser creativos” e construír prototipos para abordar problemas sociais a través de talleres e un hackathon. En cada Creative Jam, hai unha serie de temas a tratar. As ideas, os servizos e os produtos que cre deben vincularse co tema do evento. Para iso seleccionamos un tema que nos preocupa moito e está relacionado co futuro do Rural: o cambio climático.

Rural Youth of Europe

Rural Youth of Europe (RUYOU) é un proxecto da Comisión Europea co obxectivo de formar e promover habilidades prácticas entre a mocidade de áreas rurais de Europa, que malia pertencer a distintos Estados membros enfróntanse aos mesmos desafíos. O despoboamento e o avellentamento do rural son fenómenos presentes en toda Europa, polo que a Comisión está interesada en facerlles fronte mediante o financiamento de proxectos como RUYOU. O proxecto Rural Youth of Europe (101081387 – RUYOU), co tema “Compromiso e participación cidadá”, está financiado pola Comisión Europea a través do seu Programa Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores (CERV).

Os socios participantes son, por parte de España, Asociación Amicos (España); Asociación Lug Open Factory (España); Cámara oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela (España); Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves – Verín (España e Portugal); Rexional Council Northern Region (Malta); Universitatea Aurel Vlaicu din Arad (Romanía) e Fundación Galicia Europa (España).

Máis información: Rural Youth of Europe

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data