Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Participación Xuvenil » Participa na nova actividade do proxecto xuvenil RUYOU!

Participa na nova actividade do proxecto xuvenil RUYOU!

04/04/2023 | ,

— A Fundación Galicia Europa participa como socia no proxecto europeo de formación da xuventude en áreas rurais “Rural Youth of Europe”

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2023. O proxecto Rural Youth of Europe (RUYOU) levará a cabo, os próximos días 19 e 20 de abril, a súa cuarta actividade. Ademais de Galicia, participan mozos e mozas de Portugal, Malta e Romanía. O evento será exclusivamente en liña e en inglés.

O proxecto Rural Youth of Europe pretende analizar as preocupacións da mocidade rural de diferentes áreas de Europa. Os destinatarios son mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, así como persoas con interese no ámbito da mocidade ou o medio ambiente en zonas rurais. Unha xuventude con ganas de innovar, que teñan ideas e queiran apoiar un futuro rural por e para elas e eles.

Este cuarto evento será de novo un ruralhack challenge que, baixo o lema “Paz, Xustiza e Institucións: como afectará ás zonas rurais dos nosos Estados”, terá como obxectivo xerar ideas e coñecer á mocidade e expertos das zonas rurais do proxecto. Participar nestas actividades pode ofrecer aos asistentes a oportunidade de participar persoalmente noutros eventos que se realizan noutros países así como conseguir diversos agasallos.

Participa! Inscríbete no formulario que atoparás nesta ligazón (número limitado de prazas). No momento do rexistro, no apartado “My country/Partner” deberás indicar Spain (Fundación Galicia Europa).

Que é un Creative Jam Rural Hack Challenge?

É un evento que reúne á mocidade, socios, axencias e tomadores de decisións para facilitar creatividade e construír prototipos para abordar problemas sociais a través de obradoiros e hackathons. En cada Creative Jam hai unha serie de temas a tratar conectados co cambio climático.

Rural Youth of Europe

Rural Youth of Europe (RUYOU) é un proxecto da Comisión Europea co obxectivo de formar e promover habilidades prácticas entre a mocidade de áreas rurais de Europa, que malia pertencer a distintos Estados membros enfróntanse aos mesmos desafíos. O despoboamento e o avellentamento do rural son fenómenos presentes en toda Europa, polo que a Comisión está interesada en facerlles fronte mediante o financiamento de proxectos como RUYOU. O proxecto Rural Youth of Europe (101081387 – RUYOU), co tema “Compromiso e participación cidadá”, está financiado pola Comisión Europea a través do seu Programa Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores (CERV).

Os socios participantes son, por parte de España, Asociación Amicos (España); Asociación Lug Open Factory (España); Cámara oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela (España); Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves – Verín (España e Portugal); Rexional Council Northern Region (Malta); Universitatea Aurel Vlaicu din Arad (Romanía) e Fundación Galicia Europa (España).

Máis información: Eurocidade Chaves-Verín

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data