Actualidade

Portada » Actualidade » Os plans nacionais de recuperación serán menos eficaces se se deixa ao marxe ás rexións e cidades

Os plans nacionais de recuperación serán menos eficaces se se deixa ao marxe ás rexións e cidades

07/12/2021 | , ,

  • O pleno do Comité Europeo das Rexións aproba o 1 de decembro por unanimidade un ditame sobre os plans nacionais de recuperación e resiliencia, alertando da falta de implicación dos gobernos rexionais e municipais. O ditame inclúe a emenda presentada pola Comunidade de Madrid que pide respectar a autonomía fiscal das rexións europeas
  • Este ditame expón a idea de que a recuperación económica e social, así como as transicións ecolóxica e dixital, só poden ter éxito se os entes locais e rexionais participan directamente na elaboración e a aplicación dos plans de recuperación. 
Bruxelas, 7 de decembro de 2021. Durante o 147 pleno do Comité Europeo das Rexións (CDR) os membros lamentaron que o desenvolvemento dos plans nacionais de recuperación e resiliencia fose un proceso descendente na maioría dos Estados membros e expresaron a súa preocupación pola falta de participación subnacional nas fases de aplicación e avaliación. Este enfoque conleva o risco de centralizar investimentos públicos importantes e pasar por alto as diferenzas territoriais, socavando así o impacto dos plans de recuperación.
 
Segundo o dictamen, é probable que as rexións cuxo desenvolvemento estaba xa á zaga antes do estalido da pandemia acusen unha fenda aínda maior en materia de emprego, apoio ás empresas, dixitalización ou mobilidade, entre outros ámbitos clave. Ademais, a insuficiente participación das rexións e municipios conleva o risco de que os investimentos dos fondos de recuperación se solapen coas dos fondos de cohesión e se produza así unha competencia entre elas. Por este motivo, os dirixentes locais consideran alentador que a Comisión vaia a publicar o cadro de indicadores do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR). Como se indica nunha carta do vicepresidente executivo da Comisión Valdis Dombrovskis ao presidente do CDR, Apostolos Tzitzikostas, e ao presidente da Comisión de Política Económica (ECON) do CDR, Michael Murphy, o novo cadro de indicadores proporcionará información sobre a tramitación das solicitudes de pago dos Estados membros e incluirá un método de seguimento cunha orientación máis territorial.
 
Os entes locais e rexionais son responsables dun terzo do gasto público e máis da metade do investimento público na UE, gran parte do cal corresponde a ámbitos políticos clave para o MRR. Polo tanto, é importante que as cidades e rexións participen directamente no deseño e a aplicación dos plans nacionais de recuperación e resiliencia a fin de levar a cabo as reformas e investimentos de forma eficaz contempladas neles.
 
En moitos municipios e rexións, a crise da COVID-19 supuxo unha diminución dos ingresos e un aumento dos gastos. O segundo Barómetro Rexional e Local, publicado en outubro polo CDR, estima que xa só en 2020 a brecha financeira foi de 180 000 millóns de euros. O CDR sostén que a UE e os seus Estados teñen o deber de axudar urxentemente aos entes locais e rexionais a solucionar os seus desequilibrios financeiros. 
 
O CDR tamén pide á Comisión que inclúa no seu informe anual sobre a execución do MRR unha sección sobre a participación dos entes locais e rexionais nela e insta ao Parlamento Europeo a que desempeñe o seu papel como vixiante do cumprimento dos obxectivos dos plans de recuperación coa participación periódica dos entes locais e rexionais.
 
Contexto:
O 24 de setembro, o CDR, xunto coa Presidencia eslovena do Consello da UE, organizou o primeiro foro de alto nivel sobre recuperación e resiliencia rexionais. Durante o acto, que se celebrou en Lipica (Eslovenia), o comisario europeo de Economía, Paolo Gentiloni, subliñou que os plans nacionais de recuperación só poderán ter éxito se se traballa xunto coas rexións e os municipios. 
 
O MRR é un instrumento dotado dun orzamento de 723 800 millóns de euros destinado a axudar aos Estados membros para acometer reformas e investir nas prioridades comúns da UE. Trátase do principal mecanismo financeiro do instrumento de recuperación «NextGenerationEU», dotado con 801 000 millóns de euros. Para acollerse ao MRR, os Estados membros deben ter presentado os seus plans nacionais de recuperación e resiliencia nos que estean indicadas as reformas e investimentos que se financiarán.
 
Consulta conjunta del CDR y el CMRE sobre la preparación de los planes nacionales de  recuperación y resiliencia. Los resultados pueden consultarse aquí (enero de 2021).
 

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data