Fundación Galicia Europa
  • Galego
  • Español
  • English
  • linkedin
  • twitter
  • Inicio
  • Fundación
    • Quen somos?
    • Memorias de actividades da FGE
      • Memoria 2021
        • Carta do Presidente
        • Defensa dos intereses galegos en Europa
        • Información sobre a Unión Europea en Galicia
        • Fomento da participación galega en proxectos europeos
        • Formación e sensibilización sobre Europa en Galicia
    • Contacto
    • Transparencia
  • Actualidade
    • Novas
      • Galicia na UE
      • Actividades FGE
      • Unión Europea
      • EuroXuventude
    • Análise FGE da actualidade comunitaria
    • Boletín electrónico FGE
    • Plan de Recuperación
  • Actividades
    • Encontros virtuais
    • Programa TecEuropa
    • Bolsas
    • #EuroXuventude
    • Axenda FGE
    • Proxectos europeos FGE
    • Pacto Europeo polo Clima
    • Aluguer de sala en Bruxelas
  • Unión Europea
    • Consultas públicas
    • Licitacións na UE
    • Conferencia sobre o Futuro de Europa
  • Financiamento comunitario
    • Guía de financiamento comunitario
    • Programa TecEuropa
    • Programas de financiamento 21-27
    • Convocatorias de interese para Galicia
linkedin twitter
  • Galego
  • Español
  • English
  • Inicio
  • Fundación
    • Quen somos?
    • Memorias de actividades da FGE
      • Memoria 2021
        • Carta do Presidente
        • Defensa dos intereses galegos en Europa
        • Información sobre a Unión Europea en Galicia
        • Fomento da participación galega en proxectos europeos
        • Formación e sensibilización sobre Europa en Galicia
    • Contacto
    • Transparencia
  • Actualidade
    • Novas
      • Galicia na UE
      • Actividades FGE
      • Unión Europea
      • EuroXuventude
    • Análise FGE da actualidade comunitaria
    • Boletín electrónico FGE
    • Plan de Recuperación
  • Actividades
    • Encontros virtuais
    • Programa TecEuropa
    • Bolsas
    • #EuroXuventude
    • Axenda FGE
    • Proxectos europeos FGE
    • Pacto Europeo polo Clima
    • Aluguer de sala en Bruxelas
  • Unión Europea
    • Consultas públicas
    • Licitacións na UE
    • Conferencia sobre o Futuro de Europa
  • Financiamento comunitario
    • Guía de financiamento comunitario
    • Programa TecEuropa
    • Programas de financiamento 21-27
    • Convocatorias de interese para Galicia

Actualidade

Portada » Actualidade » Os Fondos Feder e FSE+ 2021-2027 achegarán 2.300 M€ a Galicia para reforzar a súa cohesión económica, social e territorial nesta década

Os Fondos Feder e FSE+ 2021-2027 achegarán 2.300 M€ a Galicia para reforzar a súa cohesión económica, social e territorial nesta década

22/02/2023 | FEDER

— A Comisión Europea aproba os programas galegos para recibir os recursos procedentes dos Fondos Estruturais

— O programa Galicia FEDER 2021-2027 seguirá traballando impulsar a innovación, a transición dixital e a competitividade das pemes, así como para avanzar na transición ecolóxica

— O programa FSE+ Galicia 2021-2027 promoverá a sustentabilidade e a calidade do emprego, a inclusión social e a formación e a educación

Bruxelas, 22 de febreiro de 2023. A Comisión Europea aprobou, o pasado mes de decembro, os programas dos fondos estruturais Feder e FSE+ xestionados pola Xunta para o período 2021-2027, que achegarán a Galicia 2.300 M€ entre as axudas europeas e a cofinanciación da Comunidade Autónoma.

O Programa Galicia FEDER 2021-2027, deseñado para recibir a axuda do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, conta cunha asignación financeira da UE que ascende a 940,2 M€, o que, xunto coa financiación da Xunta, achegará un importe total para o Programa de 1.567 millóns de euros. Unha cantidade coa que se seguirá traballando para impulsar a innovación, a transición dixital e a competitividade das pemes, así como para avanzar na transición ecolóxica.

Neste marco, os recursos procedentes do Feder destinaranse a investimentos para lograr unha Galicia máis competitiva e intelixente, impulsando a transformación innovadora, dixital e o crecemento sostible e a competitividade das pemes.

Así mesmo promoveranse actuacións en materia de eficiencia enerxética, enerxías renovables, adaptación ao cambio climático e prevención de riscos, ciclo da auga, economía circular ou protección e restauración do medio ambiente. Ademais, tamén se financiarán actuacións relacionadas coa mobilidade sostible, as infraestruturas educativas e sanitarias,  así como a cultura e o turismo sostible.

FSE+ Galicia 2021-2027

A Comisión Europea tamén aprobou o Programa FSE+ Galicia 2021-2027 que acada os 738,4 millóns de euros (448,5M€ da contribución da UE e 289,9M€ proporcionados pola Xunta de Galicia). Este programa promoverá a sustentabilidade e a calidade do emprego, a inclusión social e a loita contra a pobreza ou a formación e educación.

Estes recursos destinaranse a medidas relacionadas co emprego, a adaptabilidade das persoas traballadoras e emprendedores, así como a promover unha participación equilibrada de xénero no mercado de traballo, constituíndo unha prioridade o emprego xuvenil.

Trátase de fomentar a inclusión social e a loita contra a pobreza, mellorar a calidade e inclusión dos sistemas de educación e formación, ou promover a aprendizaxe permanente.

En definitiva, a Comisión Europea ven de aprobar para 2021-2027, os Programas de Galicia dos fondos estruturais FEDER e FSE+, cuxo período de elixibilidade finaliza o 31 de decembro de 2029. Estes Programas contribuirán a reforzar a cohesión económica, social e territorial de Galicia nesta década, atendendo ás prioridades políticas da Unión Europea, especialmente as transicións verde e dixital, no contexto da Política de Cohesión.

Máis información: Xunta de Galicia

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data

Novas relacionadas

A Xunta de Galicia presenta os programas operativos FEDER 2021-27

05/04/2023 | FEDER

Membros do padroado da FGE

  • Fundación
  • Actividades
  • Unión Europea
  • Financiamento comunitario
  • Actualidade
  • #EuroXuventude
  • Consultas públicas
  • Axenda FGE
  • Contacto
Logo Fundación Galicia Europa
  • Follow
  • Follow
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal
  • Cookies
  • Deseño web
Manage Cookie Consent
Usamos cookies para optimizar a nosa web e servizos.
Funcionais Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Preferencias
{title} {title} {title}